Martes, 16 de xaneiro de 2007 .- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, presidiu esta tarde o acto de presentación do candidato á alcaldía de Monterroso para as próximas municipais. A lista estará encabezada por José Rojo Núñez un monterrosino moi recoñecido e querido polos seus veciños xa que “se trata dunha persoa implicada na vida social e cultural da vila”.
Barreiro expresou a súa confianza no candidato “estou seguro de que o noso alcaldable xubilará ao actual mandatario, a Antonio Gato”. “Nós presentamos hoxe ao mellor candidato para Monterroso: un home conciliador, un home capaz de mellorar a calidade de vida dos monterrosinos, e preocupado polo seu futuro”.
A presentación de José Rojo Núñez, asistiron entre outros os deputados do PP, os alcaldes de Antas de Ulla, Palas de Rey, Taboada, Chantada, Carballedo, Portomarín. O acto tivo lugar nun establecemento hostaleiro da parroquia, onde naceu o candidato, en San Miguel de Penas.
Candidato.-
Trala presentación do candidato feita pola presidenta da actual xestora, Carmen Penelas, tomou a palabra José Rojo. Durante a súa intervención o alcaldable fixo distintas alusións a falta de talante do actual rexedor e á política e enfrontamentos que Gato propicia, tanto no seo do grupo municipal do PSOE como entre o resto da veciñanza.
«Trátase dunha moi meditada decisión de aceptar un reto que ten por obxectivo cambiar a actual situación de Monterroso, un Concello que pola súa ubicación xeográfica e o valor das súas xentes ten unhas grandes perspectivas de futuro, pero que na actualidade se atopa anquilosado debido á fractura social que o seu Alcalde, Antonio Gato, provoca entre os veciños, enfrentando e enfrentándose coas xentes do pobo”.
Deste xeito, e tras agradecer ao Partido a confianza depositada nel comezaba a súa intervención o alcaldable do PP. De aí que o primeiro compromiso de José Rojo sexa recuperar a boa sintonía entre os veciños.
O candidato tamén invitou aos Alcaldes desta zona, a potenciar xuntos o desenvolvemento da Galicia interior, e subliñou que “tódolos Gobernos, Xunta de Galicia e Goberno central, deberían ter como obxectivo principal na súa axenda política, especialmente agora que entramos na recta final da recepción de fondos europeos, e que temos que aproveitar esta oportunidade de desenvolvemento co marco da Unión nos ofrece”.
Outra das prioridades do candidato monterrosino é dinamizar a cultura e as actividades do Concello, José Rojo criticou a actitude de Antonio Gato: puxo como exemplo a desfeita da Banda de Música “Nova Lira de Monterroso”.
O candidato acusou tamén ao actual rexedor de discriminar as parroquias “é necesario dotalas de servizos e bos medios de comunicación. José Rojo comprometeuse a traballar para rematar co abandono ao que están sometidas. O candidato recriminou a Gato que perdese a axuda concedida para o alcantarillado dende San Miguel de Penas a Monterroso: “aínda tendo estes orzamentos na man, deixou á Parroquia de Penas sen servizo e despois botoulle a culpa ó concelleiro do PP e anterior pedáneo do lugar, Daniel Rojo”.
“A partir do 27 de maio, a San Miguel de Penas e a tódalas parroquias do Concello acabaráselles este maltrato, non só porque eu, e o que será o meu equipo de goberno, ó que tamén agradezo a súa confianza e apoio, traballaremos sen descanso por un desenvolvmento conxunto do municipio, senón tamén porque contamos co apoio do Partido Popular de Galicia, representando aquí polo noso amigo Xosé Manuel Barreiro, que como Presidente da Diputación traballará tamén polo futuro desta terra.
PERFIL CANDIDATO.-
José Rojo Núñez naceu no ano 1955 en Monterroso, na parroquia de San Miguel de Penas, nunha familia labrega de oito irmáns. Despois dunha pausa nos estudios a principios dos anos setenta, nos que como irmán maior tivo que facerse cargo da explotación familiar por enfermidade do pai, retomou os estudios facéndose co título de Capataz Agrícola e cos seis cursos de entón de Bachiller e COU en somentes catro anos, mentres traballaba na hostalería. Tamén cursou estudios de Administrativo e traballou en diferentes empresas, como Cocampo e Embutidos de Viana, da que foi director administrativo. En 1984 entrou en Caixa Galicia, e dende hai 17 anos ocupa o cargo de Subdirector da oficina de Monterroso.
O alcaldable popular é unha persoa moi ligada á vida cultural e social de Monterroso. Durante moitos anos estivo como tenor e secretario da Coral “Ecos do Ulla” e foi Presidente da APA do Instituto de Monterroso, entroutros.
Ten catro fillas.
PRENSA PARTIDO POPULAR