Partido Popular de Lugo

BARREIRO AMOSA O SEU CONVENCEMENTO DE QUE O PP TRIUNFARÁ EN CASTROVERDE

Xoves, 25 de Xaneiro de 2007.- O Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, espera un notable incremento do apoio do electorado do concello de Castroverde. Así o puxo de manifesto na presentación do candidato deste municipio nun acto que se desenvolveu, con afiliados do partido, nun restaurante da localidade.

O candidato, Manuel Penado Arrojo se estrena nestas eleccións munipais como cabeza de lista polo PP . Durante a súa intervención o alcaldable foi, claro e contundente, ao sinalar que o seu obxectivo “é loitar para conseguir a alcaldía”.

Pola súa parte, José Manuel Barreiro agradeceu a Manuel Penado Arrojo que encabece a candidatura, e subliñou que reune as características idóneas para liderar o proxecto do PP en Castroverde: “ten capacidade de liderazgo ademais de ser acreedor da confianza dos veciños tanto pola súa proxección profesional como social”; “Trátase dunha persoa con gran empatía, moi pegado ás persoas, aos seus problemas e inquedanzas”.

O Presidente Provincial animou a Manuel Penado a situar a Castroverde no sitio que lle corresponde, e pediu o apoio para o candidato e o seu proxecto político.

Descontrol administrativo.-
Para Manuel Penado o actual rexedor e candidato do PSOE  carece dun proxecto serio para mellorar a calidade de vida dos veciños de Castroverde “hai unha lentitude na xestión e un notable descontrol administrativo  que impide que o municipio prospere como se merece”.

O candidato  avanzou que ultima o seu equipo e anuncia que serán persoas responsables, serias e con ganas de traballar para mellorar o municipio.

O candidato do PP de Castroverde anunciou que nas próximas semanas visitará cada unha das  37 parroquias do municipio co obxecto de manter encontros veciñais e recoller as suxestións e preocupacións  de cada zona.
 
Manuel Penado indicou que levará a cabo unha política participativa, e subliñou que traballará en prol da creación de asociacións  veciñais nas distintas  parroquias. O alcaldable queixouse do lamentable estado de boa parte das escolas rurais e propuxo a recuperación destes inmobles como lugar de reunión e para celebración de actividades socioculturais.

PERFIL CANDIDATO
Manuel Penado, de 45 anos, exerce de veterinario no municipio de Castroverde e comarca. O candidato do PP é, natural da parroquia de Bolaño,  pasou  a súa infancia e adolescencia en Madrid. Hai 17 anos que por motivos profesionais retornou a súa terra natal.

Pola súa profesión entra en contacto directo a diario coa realidade máis representativa deste municipio sendo coñedor, de primeira man,  das problemáticas do sector primario tanto na producción o láctea como cárnica.

 

PRENSA
PARTIDO POPULAR