Partido Popular de Lugo

Barreiro: “O PP está ó que ten que estar, a resolver os problemas de España; o PSOE, coma sempre, a tirar balóns fora”

Lugo, a 27 de outubro de 2011.- “Mentres o PSOE concibe a vindeira campaña electoral coma unha pelexa, o Partido Popular centra os seus esforzos en establecer liñas de actuación que nos permitan saír da crise económica na que os que fomentan o enfrontamento nos meteron. Unha actuación política que, como non podería ser doutro xeito dadas as circunstancias, pasa por centranse en crear emprego”. Así o asegurou o presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro durante unha xuntanza celebrada hoxe con alcaldes e concelleiros da comarca de Lugo, na que participaron tamén os candidatos populares ás eleccións xerais, para perfilar a preparación da vindeira campaña electoral, así como o encontro no que participará mañá pola tarde o presidente nacional Mariano Rajoy.

“É un exemplo máis de que o PP está ó que ten que estar e o PSOE simplemente a enredar, calquera cousa con tal de evitar asumir a súa responsabilidade e dar explicacións sobre a súa mala xestión e as consecuencias que se derivan dela”, afirmou Barreiro, quen, neste contexto, considerou que “a arrogancia da que está a facer gala o ministro de Fomento non resulta o máis axeitado”, porque, segundo recalcou, “José Blanco forma parte do goberno que levou á España a situación máis compricada de toda a nosa etapa democrática”.

“Uns están a resolver os problemas de España; outros, coma sempre, a tirar balóns fora”, remachou.

Neste senso, os populares salientaron a importancia do compromiso adquirido por Mariano Rajoy de que apoiará a pemes, autónomos e emprendedores, “que son os que xeneran o 80 por cento do emprego neste país”.

“Esto é unha roda”, explicou Barreiro. “Crear emprego, ademais de abrir a porta á esperanza ós milleiros de traballadores que están en paro, tranquilizar ós que teñen medo de perdelo e reactivar o consumo, xerará ingresos para o Estado a través do IRPF, o IVE e as cotizacións á Seguridade Social, que, a súa vez, servirán para facer fronte ó déficit e reducir a débeda pública”.

Deducir 3.000 euros ós autónomos que contraten o seu primeiro traballador, rebaixar o imposto de sociedades ás pequenas e medianas empresas e que tanto uns como outros non teñan que pagar o IVE ata que non cobren as facturas son, segundo indicaron os populares, exemplos de medidas concretas encamiñadas a dar solucións os problemas que os lucenses ou os españois en xeral teñen que afrontar no día a día.

“A falla de cremento económico que ten o noso país é un problema gravísismo e mentres non sexamos capaces de cambiar esa tendencia estaremos permanentemente ó borde do precipicio. Rajoy ten claro que ese é o reto e que só da suma de esforzos seremos capaces de saír deste socavón no que estamos e que para a seriedade, a coherencia e o compromiso é o único xeito de facelo”, aseguraron.