Partido Popular de Lugo

O GPPP di que a actitude da Deputación demostra que as residencias que prometeu repondían a intereses electorais

Lugo, a 25 de outubro de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular considera que a moción abordada hoxe no pleno provincial a proposta do equipo de goberno, relativa á concertación de prazas das residencias da terceira idade que ten previsto construir a administración provincial, pon de manifesto que o bipartito provincial non ten ningún reparo en cambiar de criterio segundo lle conveña.

Antes da celebración das pasadas eleccións municipais, socialistas e nacionalistas non tiveron inconvinte en presentar a construcción desas mini residencia como un proxecto de “titularidade exclusiva” da Deputación, obviando que a administración competente nesta materia é a Xunta de Galicia, competencia que recoñecen no texto da propia moción e da que botaron man hoxe durante a súa defensa ante o pleno. Unhas mini residencias que, como se recoñeceu hoxe, establecéronse sen planificación previa e, o máis grave, sen ter asegurado o seu mantemento futuro.

A actitude da Deputación refrenda a valoración realizada no seu día polo GPPP de que esta iniciativa respondía única e exclusivamente a criterios electorais. Socialistas e nacionalistas avogan agora pola colaboración entre administracións, nomeadamente entre Deputación e Xunta, pese a que esa mesma colaboración rexeitarona ostentosamente hai sete meses.  

De feito, no pleno de marzo do pasado ano, o GPPP defendeu unha moción, que foi rexeitada por socialistas e nacionalistas, na que propoñía a creación dunha comisión de coordinación entre a Xunta de Galicia, a Deputación e os concellos nos que a administración provincial prevía construir  residencias para a terceira idade co fin de acadar unha maior eficacia e rendabilidade social dos recursos. Esta comisión, segundo a iniciativa popular, encargaríase de determinar, entre outros elementos, os distintos niveis de participación das administracións implicadas en todo o proceso de construcción, xestión e mantemento destas residencias.

Daquela, os populares tamén requerían ó goberno provincial que explicaran os criterios que determinaron a ubicación destas residencia. Entendían dende o GPPP, que existía unha clara falla de información sobre cales foron os criterios nos que se basou a adopción desa decisión, así coma sobre outros aspectos moi importantes, tales como dilucidar quen correrá cos gastos de mantemento unha vez construidas ou incluso saber se se redactou unha memoria económica para cada un dos proxectos.

Precisamente para aclarar esos aspectos, os populares solicitaban que se puxera a disposición de todos os grupos provinciais información precisa de cada un dos proxectos destas residencias, así coma a memoria económica e a planificación realizada para a súa licitación e execución. 

Pois ben, ante este cambio de criterio “tan radical e inxustificable” o GPPP optou no pleno celebrado hoxe por rexeitar a proposta dos equipo de goberno provincial de instar á Xunta a colaborar na concertación das prazas resultantes da posta en marcha desas mini residencias.