Partido Popular de Lugo

Os populares destacan “a solidariedade e vontade colaboradora da Xunta que permitiu que Vilalba conte xa con EPIs para combater o coronavirus”

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Vilalba, Agustín Baamonde, pon en valor a solidariedade coa que está a actuar a Xunta de Galicia na xestión da crise sanitaria do coronavirus. O popular fai esta valoración unha vez coñecido que o Goberno de Feijóo xa fixo entrega ao Concello do material de protección individual (EPIs). Con este primeiro envío ás entidades locais, Vilalba xa dispón de 1447 guantes e 255 mascarillas.

 

Baamonde recoñece así a vontade colaboradora da Xunta, que decidiu –en colaboración coa Fegamp- atender a demanda de axuda dos Concellos galegos.

 

“Moito dese material procede de recursos propios, doazón de empresas, institucións e mesmo particulares que de forma altruísta non dubidaron en axudar nesta complicada situación que vivimos derivada da crise sanitaria en relación coa pandemia provocada polo Covid-19. Isto supuxo e está a supoñer un gran esforzo tendo en conta a escaseza de material, sendo así o Goberno galego a única administración que fixo as entregas”, indica o voceiro popular de Vilalba.

 

O voceiro do Grupo Municipal Popular e deputado provincial agarda que outros gobernos actúen “coa mesma vontade”. Así, por exemplo, a Deputación, a día de hoxe, aínda non deu ningún paso neste senso; a pesares de ter na súa razón de ser a de axudar aos Concellos, sobre todo, aos máis pequenos”, recorda Baamonde.