Partido Popular de Lugo

O PP espera que o pleno da Deputación sirva para mellorar as estradas na provincia, lograr para Lugo a Agencia Estatal de Salud Pública e reclamar mellores infraestruturas ferroviarias

Lugo, 25 de outubro de 2022. A corporación provincial celebra esta mañá sesión plenaria, e os populares acoden a ela, segundo o seu portavoz, Javier Castiñeira, “esperanzados e ilusionados en falar da provincia, única e exclusivamente da provincia de Lugo, e non como pretende facer, como fai sempre, o goberno bipartito, con esa mocións xenéricas coas que só busca facer oposición á Xunta de Galicia”. É un momento o presente especialmente relevante porque as administracións públicas presentan os seus orzamentos para o próximo ano, menos a Deputación de Lugo.

Castiñeira sinala: “Queremos falar de Lugo nun momento importante, xa entrados no cuarto trimestre, nun momento en que se están a presentar os orzamentos das administracións, entre elas a estatal e a autonómica; aínda estamos a tempo de emendar certas cousas que non nos gustan. A única administración lucense que a día de hoxe non presentou nin dixo nada dos seus orzamentos para o 2023 é a Deputación. Queremos falar dos orzamentos, porque son fundamentais para vertebrar a nosa provincia, porque son necesarias unhas boas estradas; por iso pedimos a todas as administracións un compromiso máximo”.

Os populares presentan unha iniciativa para que a Deputación impulse a elección de Lugo como sede da Agencia Estatal de Salud Pública. Ao respecto, o portavoz popular indica: “Queremos falar da provincia tamén para pedir ao Estado que fique aquí, en Lugo, a Agencia Estatal de Salud Pública; cremos que somos merecedores de tela, xa non só pola nosa experiencia, senón porque é unha provincia que cumpre os preceptos establecidos”.

Os populares tamén chegan á sesión plenaria con ganas de “ falar dos déficits ferroviarios que padecemos na provincia; non queremos renunciar, e non renunciaremos, como dixo a presidenta provincial do PP, Elena Candia, á alta velocidade”. Pero, aclara Castiñeira, “por suposto, non estamos de acordo en illarnos cunha rede galega de ferrocarril, como pide o BNG; somos parte fundamental da rede de ferrocarrís do Estado e queremos seguir formando parte, pero con moitas mellores infraestruturas”.

Minuto de silencio

Ao inicio da sesión, o voceiro popular propuxo gardar un minuto de silencio en memoria do piloto sevillano de extinción de incendios, Santiago Durán, falecido nun accidente de avioneta despois de despegar da base de Doade (Sober).