Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo afirma que os responsables políticos do Bipartito esquecen que o ano pasado os comedores pagáronse o mesmo día que neste exercicio

Lugo, a 18 de abril de 2010.- Segundo o PP de Lugo na pasada semana, os responsables políticos do PSG e máis do BNG volveron a terxiversar a realidade para axitar aos cidadáns recurrindo á mentira. Sen embargo, a realidade está por encima das mentiras e dos maquiavélicos argumentos do tándem PSG-BNG.

 

Porque a realidade á que estamos asistindo é que a Consellería de Educación do Goberno Popular deu a orde de pago para os case 300 comedores de centros públicos que xestiona o mesmo día que no exercicio anterior. Os antigos responsables do goberno galego, nada máis ser relevados polo poder dos lugueses que acudiron a votar hai un ano (fartos de mentiras), esqueceron a realidade: durante a súa etapa o bipartito pagou os comedores ata dous días máis tarde que o actual goberno.

 

O PSG e do BNG están a actuar cunha manifesta irresponsabilidade ao pretender axitar á sociedade a conta dun trámite no que o Executivo de Feijoo, pese ao estrangulamento económico co que o goberno Zapatero somete a Galicia, cumpríu temporalmente coma hai un ano. A maiores, a Consellería de Educación deu instruccións para que, dende as xefaturas territoriais, se paguen os dous trimestres escolares deste ano, pola contra do bipartito que, a estas alturas só pagara un.

 

Temos que sinalar asimesmo que o abono das bolsas de comedores nestas datas é o resultado da conclusión dos trámites iniciados o pasado 22 de febreiro e nada teñen que ver nin con supostas presións nin co emprego de nenos en fotos propagandísticas. Estamos a asistir con certo estupor á degradación das políticas de oposición do PSG e BNG que utilizan demagóxicamente a imaxe de nenos comendo bocadillos co único fin de politizar o ensino.

Fronte a esta manipulación dun bipartito que aínda non escoitou aos cidadáns que lles berraron que non querían máis mentiras, o goberno de Feijoo sacou dos caixóns do bipartito facturas sen abonar de comedores escolares por valor de catro millóns de euros, pagounas e comprometeuse a incrementar o número de prazas de comedores, no presente curso escolar, en máis de 2.500.

En definitiva, o actual Goberno chegou á Xunta, pagou o que debía e incrementou en 2.500 as prazas de comedores escolares.