Partido Popular de Lugo

O GPPP acusa a Besteiro de desatender a vertebración da montaña lucense

 

A Fonsagrada, a 16 de abril de 2010.- O concello de A Fonsagrada segue sen dispoñer de polígono industrial e eso pese a que nas previsións de inversión da Deputación de Lugo do 2006 a través de Suplusa xa estaba contemplada unha partida de 2,5 millóns de euros para dotar deste servicio ó municipio.

Nos posteriores orzamentos da administración provincial dende o pasado 2007 ata o actual 2010 nada novo se incluiu sobre este particular, ningún avance para que A Fonsagrada dispoña desta infraestructura reiteradamente demandada polo sector empresarial non só deste municipio senón dos concellos limítrofes.

O voceiro do Grupo provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, xunto co tamén deputado provincial José María González Barcia,o alcalde de Baleira, a deputada nacional Olga Iglesias e os concelleiros fonsagradinos desta formación, encabezados polo seu portavoz Tobías Martínez, percorreron hoxe os terreos nos que está previsto instalar este parque empresarial. 

Para os populares a xestión de Gómez Besteiro ó fronte da administración provincial “é unha crónica constante do non facer”. “Deixa dormir nun caixón un montón de proxectos polo só feito de que proceden da etapa anterior e anos despois, co conseguinte retraso na execución das obras que elo supón, sacaas a luz, como se foran unha idea orixinal, recoñecendo implícitamente que esas actuacións era necesario acometelas e que a demora en facelas responde únicamente a un capricho do Sr. Besteiro, máis preocupado sempre polos intereses partidistas que polo beneficio da provincia e, neste caso concreto, por levar a cabo a tantas veces prometida vertebración da montaña lucense”, explicou Barreiro.

Os representantes do Partido Popular mantiveron tamén un encontro con empresarios locais, encabezados polo presidente da asociación, no que, ademais do parque empresarial, saíron a relucir os datos do paro do municipio.

Así, entre o mes de marzo de 2009 e o 2010, incrementouse en 30 o número de desempregados, situándose en 189. Una cifra “preocupante” polas propias dimensións do municipio e polo feito de que prácticamente toto o aumento rexistrado provén do sector servicios. Neste contexto empresarios e políticos coincidiron en salientar que dotar ó municipio de chan industrial e ofrecer incentivos as empresas para que se intalen nel podía contribuir de xeito salientable a xerar emprego, que é, ó fin, a principal demanda e a necesidade prioritaria. 

Os empresarios e os representantes do PP tamén analizaron outras actuacións pendientes no concello, como a depuración de augas residuais ou a desaparición dos presupostos de Estado dos cartos consignados para a presa de Muradal.   

A repercusión na actividade empresarial da proxectada suba do IVE, cuxa entrada en vigor está previsto para o próximo mes de xuño, foi outro dos asuntos abordados durante o encontro. A este respecto José Manuel Barreiro detallou as iniciativas que o Partido Popular levou ó Congreso e ó Senado en aras, en primeiro termo, de paralizar a súa aplicación e despois para acadar reduccións nalgunhas actividades ou sectores profesionais que foi aprobada pola Cámara Alta.

Por último, indicar que José Manuel Barreiro visitou o concello de Negueira de Muñiz para conocer de primeira man, de boca dos veciños, a situación deste concello da montaña lucense.