Partido Popular de Lugo

A conselleira Ethel Vázquez estudou coa candidata popular á alcaldía de Láncara, Olga Capón, solucións para algúns dos problemas infraestruturais do concello

Lugo,  24 de maio de 2023. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, compartiu café e paseo na tarde de onte cos compañeiros do Partido Popular de Láncara. Olga Capón, cabeza de lista, e os membros do seu equipo, trasladaron as principais necesidades do municipio en materia de estradas.

Outra das cuestiones que figuran na folla de ruta da candidata popular á alcaldía de Láncara é o acondicionamento dos terreos cedidos por ADIF ao Concello na antiga estación ferroviaria. Foi este tamén un asunto no que Vázquez e Capón analizaron distintas posibilidades.

A conselleira Vázquez mostrouse convencida de que con Olga Capón á fronte, o municipio recuperará o pulso que precisa e gañará dinamismo e oportunidades.