Partido Popular de Lugo

O PP de Guitiriz inaugura a súa sede: «un local amplo que estará a disposición dos afiliados e veciños»

Guitiriz, 29 de novembro de 2022. O PP de Guitiriz abriu este luns a sede da agrupación local, unhas instalacións situadas no entrechán do número 26 da rúa Boa Veciña de Guitiriz, nun acto de inauguración ao que asistiron o presidente da xestora, José Manuel López Rodríguez ‘Portolamas’; o deputado provincial e voceiro do Grupo Municipal Popular, José María Teixido; o coordinador do PP da provincia e deputado autonómico, José Manuel Balseiro; membros da xestora, concelleiros populares e unha trintena de afiliados e simpatizantes. Tamén se achegaron a Guitiriz outros compañeiros do PP coma o deputado provincial e alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao; o presidente do PP de Xermade, Antonio Rivera e o secretario xeral do PP de Muras, Julio Díaz.

O novo responsable da agrupación local sinala que “o PP de Guitiriz pon este local a disposición dos afiliados e dos veciños en xeral que queiran facernos consultas ou achegar propostas e suxestións. Trátase dun espazo amplo -á altura do que merece o Partido Popular e Guitiriz- que dispón de despacho, sala de xuntas e servizos”.

O local, que foi rotulado este mesmo luns, permanecerá aberto de luns a venres en horario laboral, de mañá e tarde. As persoas que estean interesadas en acudir ou en manter algún encontro co presidente da xestora da agrupación local, poden contactar tamén co teléfono 629 15 17 58.

O acto rematou cuns petiscos para os asistentes no restaurante A Casilla.