Láncara, 30 de novembro de 2022. O Partido Popular vén de constituír a xestora da agrupación de Láncara, que preside Olga Capón. Deste xeito, a formación continúa reforzándose neste municipio de cara a ser unha alternativa real nas vindeiras eleccións municipais. O acordo, adoptouse no marco dunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial do PP, como é o caso do coordinador xeral, José Manuel Balseiro e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal.
A xunta directiva dos populares de Láncara está formada por catro concelleiros, Santiago Cubillas Álvarez, Carlos Fernández Díaz, Óscar Martínez Rubio e Arturo Sobrado Castro e 15 vogais. “ Todo eles traballarán en positivo polo noso municipios, estando preto dos veciños e sendo coñecedores dos seus problemas”, explica a presidenta da xestora.
Olga trasladou os seus agradecementos á dirección provincial pola confianza e sinalou que “temos traballo por diante para lograr que nas próximas municipais o Partido Popular sexa tamén o máis votado en Láncara, igual que nas útlimas autoómicas”: Para iso, “queremos contar con todas as persoas que teñan un sentir por mellorar as cousas no concello”: De xeito, a xestora é un “equipo aberto á incorporación de todos os afiliados e veciños que consideran que Láncara merece e necesita un cambio”.
ILUSIÓN E RESPETO
“Temos moita ilusión por ver mellorar o noso pobo e os servizos aos nosos veciños” e, nesa liña, “queremos ilusionar a máis xente. Queremos contar con todos e traballar dende o respecto e a responsabilidade”, manifestou a presidenta da xestora.