Partido Popular de Lugo

Carlos Armesto repite na dirección do PP de O Saviñao no que destaca «a presencia de máis mulleres e xente nova»

O Saviñao, 19 de novembro de 2022. O alcalde, Carlos Armesto Quiroga, repite na presidencia do PP de O Saviñao como resultado do congreso celebrado onte pola tarde-noite polo Partido Popular cunha candidatura única e “con máis mulleres e xente nova”. Ao congreso asistiron, entre outros membros da dirección provincial, o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal. Dende a dirección provincial sinalan

Desde a dirección provincial agradece o compromiso da agrupación local e a implicación por impulsar o municipio e aos seus veciños. Ademais destacan a solidez do equipo de traballo e o bo resultado nas últimas eleccións municipais grazas a un proxecto firme e consistente.

O equipo de traballo co que contará o PP de O Saviñao contará con Joaquín González González, que foi alcalde durante 28 anos no municipio e “agora ratificamos o seu posto” como presidente de honra. Armesto explica que “intentamos que na xunta directiva teña un maior peso as mulleres” e por iso a secretaría xeralquedará en mans da concelleira e segunda teniente de alcalde, Beatriz Rois Castro. Pola súa parte “a secretaría xeral da muller recae na concelleira de rural Maika”, asumindo un protagonismo especial. A nova directiva conta con 14 vogais.

“Intentamos que tivera cabida tamén a xente que realmente ten unha implicación co Concello e por iso vai a haber representación dos pedáneos das parroquias. Van a estar os concelleiros do partido que tiveron unha magnífica implicación durante a lexislatura” di o presidente do PP de O Saviñao. “Vamos a ter oito mulleres na directiva e xuventude. O equipo de traballo está composto de xente sobradamente cualificada, captamos talento con currículums excelentes” apunta Carlos Armesto. O obxectivo do grupo é seguir esforzándose polos veciños e traballar por aumentar o apoio de todo o municipio nas próximas eleccións municipais.