Partido Popular de Lugo

Elena Candia preside a constitución da xestora de Becerreá, que encabeza José Fernández Carrete

Becerreá, 31 de maio de 2022.  A presidenta provincial, Elena Candia, acompañada do secretario xeral, Javier Nodal, presidiu na tarde-noite do día de onte a constitución da xestora de Becerreá, que encabeza José Fernández Carrete. Deste xeito, a dirección provincial reforza así o Partido neste municipio de cara ás vindeiras eleccións de maio.

Trátase dun grupo formado por un total de 11 persoas, que “traballarán en positivo, estando ao carón dos veciños, co fin de que o PP chegue a maio de 2023 forte, unido e se converta no motor do cambio neste concello”. Integran a xestora, ademais de Fernández Carrete, Miguel Ángel Cela González, Pascual Fernández, Hilario Núñez Álvarez, Manuel González Vilela, Ramón Núñez Fontal, Rocío Fernández Fernández, Eulogio Díaz Corral, Ana María Vilor Bolaño, Silvia Santín Castro e Paula Fernández Fernández. Con todo, o presidente indica que se trata “dunha lista aberta”. “Agardamos ir incorporando máis xente nos próximos meses”, engade.

Elena Candia agradeceu a todos eles que desen “este paso”, amosando con elo, dixo, “unha gran xenerosidade que debe ser posta en valor”. Tal é así que o presidente engadiu que “son homes e mulleres cunha vontade política e con gran compromiso, xa que aglutinan todas as sensibilidades do Partido”. Ademais, son membros natos da xestora os compoñentes do Grupo Municipal, que, en palabras de Fernández Carrete, “está a levar a cabo un gran labor de oposición ao goberno local”. “Comeza unha nova etapa, na que traballaremos todos unidos e de maneira coordinada”, concluíu o becerrense.