Partido Popular de Lugo

Katy Varela denuncia, unha vez máis, a deixadez absoluta do equipo de goberno local

Monforte de Lemos, 3 de xuño de 2022.- A voceira do Grupo Municipal do PP de Monforte de Lemos Katy Varela, denuncia, unha vez máis, a deixadez absoluta do equipo de goberno local, e que se demostra no estado no que está dende o día de onte o semáforo da Ronda Emilia Casas Baamonde. 

A base do mesmo está totalmente ladeada polo que constitúe un risco tanto para os vehículos como para os viandantes. A este respecto, os populares critican que dende o Concello aínda non se tomasen as medidas axeitadas para reparalo; o que evidencia, di a voceira do PP, que o actual equipo de goberno non está no día a día das necesidades da cidade.