Partido Popular de Lugo

Daniel Vega: “O programa ‘Coidados porta a porta’ achega a Ribadeo un servizo público de proximidade e de atención individualizada”

Ribadeo, 3 de maio 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca “o servizo de proximidade e de atención individualizada” que supón o programa ‘Coidados porta a porta’ xestionado pola Xunta.

Trátase dun servizo público co que “seguir mellorando os servizos sociais. Seguimos xestionando máis servizos para Ribadeo”, segundo defende o portavoz.

Vega explica que o autobús de ‘Coidados porta a porta’ ofrece ás persoas maiores de 55 anos servizos de estimulación da memoria (estimulación cognitiva, funcional, prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables e promoción do envellecemento activo), podoloxía (consulta básica, valoración do estado xeralizado do pé e eliminación de durezas ou calosidades) e audioloxía (consulta básica, exploración funcional de audición e prevención da perda auditiva).

Coidados porta a porta’ en Ribadeo

Este punto de atención estará no parque de San Francisco en Ribadeo, diante da vella oficina de turismo, os días 10, 11 e 12 de maio. As persoas interesadas poden apuntarse chamando ao teléfono 622 74 82 83 ou enviando un correo electrónico ao enderezo: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.