Partido Popular de Lugo

O PP estudia fórmulas para intensificar a promoción do Camiño Norte, na liña que sigue a mancomunidade do Camiño Francés

Representantes do Partido Popular da provincia de Lugo nos municipios polos que discorre o Camiño Norte mantiveron unha reunión de traballo, á que asistiu o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Vicepresidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda.

Na reunión participou a presidenta provincial do PP; Elena Candia, que destacou que os populares están moi concienciados da importancia que ten o Camiño na economía dos concellos polos que discorre.

O encontro serviu para analizar distintas fórmulas para intensificar a promoción do Camiño Norte, na liña das iniciativas e recursos que utiliza a mancomunidade do Camiño Francés.

Os populares queren mobilizar recursos para aproveitar ao máximo o dinamismo económico que xera.

No transcurso da reunión quedou patente o agradecemento dos asistentes ao esforzo que desenvolve o Xacobeo nos seus territorios.    

Na reunión participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; directora xeral de Turismo, Nava Castro; alcalde de Friol, José Ángel Santos; alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero; portavoz popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente; deputado autonómico José Manuel Balseiro (coordinador xeral do PP provincial); deputada autonómica e portavoz en Vilalba, Sandra Vázquez; secretario xeral do PP provincial, Javier Nodal; portavoz municipal en Ribadeo Daniel Vega; Gerardo Criado, jefe territorial de Presidencia; Agustín Baamonde, concelleiro en Vilalba e deputado provincial; alcalde de Abadín, José María López Rancaño; alcalde de Begonte, José Ulla; secretario xeral do PP de Trabada, Eliseo  López.