Partido Popular de Lugo

Tito Suárez: “Como grupo municipal, xestionamos un orzamento da Xunta para a nova equipación de xogo do Ribadeo F.C.”

O grupo municipal do PP desenvolve un traballo constante en apoio do deporte en Ribadeo. No día de onte, levouse a cabo a presentación da nova equipación de xogo do Ribadeo F.C. e o coordinador de deportes dos populares, Tito Súárez, explicou: “Nós, como grupo municipal, xestionamos un orzamento para esta nova equipación diante da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e do Xacobeo; unha iniciativa na que mesturamos a cultura e o deporte galego”

 

Suárez destaca que a presentación levouse a cabo “no incomparable marco que son as instalacións da fábrica de Sargadelos, onde foi deseñada esta nova equipación”. Lembra que “o deseñador xefe é o ribadense Carlos Pérez”.