Partido Popular de Lugo

O PP abre o Partido á sociedade lucense e á participación cidadá na súa toma de decisión, creando #EspazoAbertoPopular

O Partido Popular, que dirixe Elena Candia, dá un paso máis na democratización dos nosos procesos internos e externos, e crea #EspazoAbertoPopular para ser máis eficaces, rendendo contas e impulsando a participación e a colaboración cidadá. Esta iniciativa consiste en por a disposición do tecido socioeconómico, cultural, deportivo, etc a sede da formación política, sita na rúa Ramón Cabanillas, 14, para que aqueles colectivos que teñen dificultades para atopar un local no que celebrar reunións de traballo ou outras actividades, poidan contar coas instalacións populares.

 

“Con independencia das siglas políticas, queremos ser un instrumento de apoio e de colaboración e escoita constate”, afirma a presidenta, Elena Candia. E é que só desta forma, sinala, “podemos acadar os nosos obxectivos, que xa son coñecidos: acadar os gobernos do Concello de Lugo e da Deputación”.

 

“Somos un partido próximo e queremos buscar a participación cidadá na toma das nosas decisión políticas”. Trátase, di, de “buscar solucións á realidade hostil da nosa provincia e que vén provocada polas políticas dun Goberno que está afogando á industria electrointensiva, aos nosos gandeiros que vende o leite por debaixo dos custes de produción e aos lugueses en xeral coa suba de impostos”.

 

 

Inauguración

O PP inaugura esta iniciativa coa presentación este xoves, día 2, ás 20:00 horas, do libro La Voz. Herramienta para el Éxito Profesional da logofoniatra Marta Pinillos Marique de Lara.

 

Esta profesional da voz aceptou o convite dos populares lucenses, sendo Lugo a primeira cidade de España en que presenta dita publicación. A entrada é gratuíta e poden asistir todas as persoas interesadas en coñecer algo máis de como a voz é un elemento decisivo para que a mensaxe que se quere transmitir teña o éxito esperado. Será, por tanto, un encontro de extraordinaria importancia, sobre todo, para aqueles sectores profesionais nos que a voz é un instrumento de traballo. É o caso de políticos, xornalistas, cantantes, logopedas, comunicadores, empresarios, directivos de equipos, profesorado, etc. Dende a formación popular convidan aos interesados en asistir e agradecen a súa participación no encontro.

 

Currículo da autora

Marta Pinillos é fundadora do método ARV (Alto Rendemento Vocal) e asesora en neurocomunicación. Está especializada nesta materia e leva case dúas décadas formando a directivos de empresas, actores ou políticos para mellorar as súas dotes comunicativas, xa que a voz ten un impacto dun 38% no proceso de comunicación.

 

Dende 1998 conta coa súa clínica de rehabilitación de voz en Madrid. Algúns dos seus clientes máis destacados son Google, La Once, BMW, Cope, Sanitas, Bankia, Mahou, Vodafone, Abertis, Laboratorios Lilly, entre outros.