Burela, a 26 de novembro de 2021.- O voceiro popular, Manuel Rouco, pide ao alcalde que cumpra coa sentenza do Xulgado do Social de Lugo que obriga ao Concello a pagara 40.000 euros a unha ex traballadora municipal que foi xubilada polo Instituto da Nacional da Seguridade Social por incapacidade.
Deste xeito, Rouco considera que “o goberno do Sr.Llano non deixa de revelar a súa verdadeira esencia. O seu cinismo non ten fin”. E é que, engade, por un lado, non para de saír en manifestacións a prol dos traballadores co fin de saír nalgunha publicación, pero cando lles toca defender os intereses dos traballadores o que fan é agredir os seus dereitos”.
A demandante presentou escritos en xaneiro e maio reclamando o importe que lle adebeda a entidade local e que aínda non procedeu ao seu pagamento. “Non se pode estar en misa e replicando”, indica. Neste senso, Rouco pregúntase: “que credibilidade ten o goberno municipal que se di progresista e defensor dos traballadores e logo non cumpre con eles nin tan sequera cando o impón unha sentenza xudicial?”.
“BNG, muleta permanente do PSOE?”
Por este motivo, o popular tamén apela á responsabilidade “do compañeiro de viaxe” do socialista: o BNG. Manuel Rouco defende así a que o Grupo Municipal Nacionalista tamén debe pronunciarse e esixir responsabilidades ao socialista, xa que, “non facelo, conclúe, estarán demostrando que son a muleta permanente do PSOE de Burela”.