Partido Popular de Lugo

O PP agarda o apoio de tódolos grupos da Deputación para reclamar que o Goberno devolva os case 4 millóns de euros que lle corresponden da liquidez do IVE do 2017

O Grupo Provincial do PP agarda que tódolos Grupo da Deputación apoien mañá no pleno a moción presentada polos populares para que “o Goberno do Estado, concretamente ao Ministerio de Hacienda, devolva os case que 4 millóns de euros que lle corresponden á Deputación de Lugo en concepto de liquidación do IVE do 2017”.

 

O voceiro popular, Javier Castiñeira, sinala que “nese ano, no 2017, o Goberno do PP implantou un novo sistema de xestión informatizada do IVE baseado no Suministro Inmediato de Información (SII) que permitiu un dobre beneficio: por un lado, facilitar a tramitación do IVE ás empresas e, por outro, que se recuperaran máis rapidamente os importes correspondentes ás declaracións deste imposto”. Este sistema provocou un desprazamento de ingresos do ano 2017 ao ano 2018 tanto na liquidación da participación de tributos do Estado coma na propia do IVE de case 4 millóns de euros “que son os que lle debe o Ministerio de Hacienda á Deputación de Lugo”.  

 

Reclamacións da Xunta, FEGAMP e FEMP

Tanto o Goberno galego coma a FEGAMP ou a FEMP teñen reclamado unha solución en varias ocasións ao Ministerio de Hacienda e agora os deputados do Partido Popular na Deputación de Lugo súmanse a esta demanda para a que agardan “un apoio unánime na institución provincial co obxectivo de recuperar uns cartos que virían moi ben para esta anualidade para dar liquidez nun momento tan complexo”.

 

“Estes cartos son de tódolos lucenses e, polo tanto, deben estar na provincia e en tódolos concellos porque a casuística é mesma para todos os concellos da provincia de Lugo”, apunta Castiñeira.