Partido Popular de Lugo

O PP salienta que “moi ao contrario do que di o Sr. Llano, a cultura é algo máis que andar de festa”

“Se tanto lle preocupa a cultura ao Sr. Llano porque non empeza por dixitalizar todo o inmenso patrimonio artístico e cultural que ten Burela, algo que o PP xa levaba no seu programa electoral”, indican dende as filas populares, “xa que gran parte dese patrimonio cultural está aínda arquivado no veciño concello de Cervo”. “E é que, moi ao contrario do que di o Sr. Llano, a cultura é algo máis que andar de festa”, indican dende o PP.

Os populares pregúntanse, “se tanto lle preocupa a cultura ao Sr. Llano por que reduciu á mínima expresión ao concelleiro delegado desta área, o Sr. Jose Díaz, que, por certo, tamén é o concelleiro delegado de sanidade, totalmente desaparecido na xestión da pandemia na nosa vila?”. E seguen preguntándose, “por que non empeza pola cultura local, apoiando aos artistas locais, reducidos á mínima expresión no ultimo certame de Amarte?”. “Que llo digan á Coral de Burela, cantas actuacións tivo ao longo do último ano promocionadas polo concello””, dende o PP insisten, “que hai dos grupos locais de música, cantas actuacións tiveron estes, cantos discos lles patrocinaron este ano?”.

Dende o PP téñeno claro: “había que asignarlle 5.000 euros á concelleira Toñi Eijo e a oportunidade para facelo era perfecta”, afirman.

“O importante deixa paso ao imprescindible”

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular están de acordo de que a cultura é moi importante pero, manifestan, “na situación tan particular que estamos a vivir o importante deixa paso ao imprescindible”. “E, o imprescindible, foi inicialmente a saúde, unha vez que isto parece estar, máis ou menos controlado en Burela, a cuestión sanitaria pasa a ser moi importante, fundamental, pero o imprescindible agora é a situación económica, social e laboral a nivel local, e isto, grazas en moi boa parte ás nulas políticas neste ámbito do Sr. Llano, non ten visos de ter solución”, sinalan.

E conclúen os populares: “polo tanto, neste contexto tan particular que estamos a vivir, por desgraza, as festas, pasan a un terceiro plano”.