Partido Popular de Lugo

Marta Saiz fai unha valoración “moi positiva” trala clausura dos cursos de cociña e nutrición organizados polas mulleres rurais e as amas de casa en colaboración coa Xunta

Ribadeo, 4 de decembro de 2019. Trala clausura dos cursos de cociña e nutrición que contaron coa colaboración da Xunta a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), a responsable do PP ribadense das relacións coas asociacións e colectivos do municipio, Marta Saiz, fai unha valoración moi positiva do seu desenvolvemento. “A participación que acadaron estas accións formativas organizadas pola Asociación de Mulleres Rurais e a Asociación de Amas de Casa de Ribadeo foi moi elevada e tamén debemos facer un balance positivo en relación aos coñecementos adquiridos”, explicou.

 

A popular sinalou tamén que “os cursos de cociña contan habitualmente con moita afluencia e, nesta ocasión, enriqueceuse ademais cunha charla sobre nutrición, que pola súa relación coa saúde, é un tema moi demandado nos últimos tempos”.

 

Saiz engadiu que “os populares de Ribadeo apostamos por seguir impulsando a Escola de Capacitación Agraria de Pedro Murias” e, ao mesmo tempo, “pretendemos que as administracións públicas abran as portas das súas instalacións ás entidades asociativas que as precisen para o desenvolvemento de distintas iniciativas coma esta”.

 

Finalmente, dende o PP ribadense queren agradecer tamén aos Cociñeiros da Mariña e a Manduca a súa colaboración con estas actividades de dinamización social que baixo a organización dos colectivos de mulleres rurais e amas de casa de Ribadeo, permitiu poñer en valor os distintos produtos da nosa gastronomía e achegar coñecementos sobre nutrición ás persoas participantes.