Partido Popular de Lugo

Elena Candia destaca que «a nosa provincia é a principal beneficiaria da estratexia de Impostos 0 no rural

A cabeza de lista dos populares pola provincia ás eleccións autonómicas, Elena Candia, destacou nun mitin celebrado na zona rural do municipio de Lugo que “a nosa provincia é a principal beneficiaria da estratexia de Impostos 0 no rural impulsada po o Goberno de Feijóo”. Os lucenses aforraron case 15 millóns de euros grazas a esta estratexia que permitiu que un total de 839 familias fixasen a súa vivenda no rural.

A popular incidiu na importancia que ten para o rural da nosa provincia que “a Xunta asuma os gastos de notarios e rexistro nas compra-vendas e permutas de parcelas rústicas e forestais que se inclúen dentro do Plan de Impostos 0 no rural”. O candidato e portavoz municipal do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, destacou “as medidas adoptadas polo Goberno de Feijóo en Galicia que fixeron posible a práctica desaparición do imposto de sucesións”.

O mitin celebrado na finca A Fortaleza de Torre de Núñez contou tamén coas intervencións do número dous da candidatura lucense do PPdeG ao Parlamento galego, o actual conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e do candidato José Manuel Balseiro. Así mesmo, participaron neste acto de campaña os candidatos Cristina Sanz, Encarna Amigo e Javier Vázquez Prado, xunto a outros membros do Grupo Municipal do PP.