Partido Popular de Lugo

Os populares de Ribadeo esixen o acondicionamento das zonas de aparcamento no entorno da praia das Catedrais de forma urxente

Ribadeo, 3 de xullo de 2019. O Grupo Municipal do PP de Ribadeo esixe “actuar con rapidez no acondicionamento das zonas de aparcamento no entorno da praia das Catedrais”.

 

Os populares ribadenses piden medidas urxentes debido á “falta de planificación” do Goberno do BNG que “a pesar de ter anunciado a habilitación de aparcamento na zona, en plena época estival, se atopa nun penoso estado”.

 

A vicevoceira do Grupo Popular no Concello de Ribadeo, Elena Sierra, lamenta que “na época do ano na que un dos recursos turísticos do municipio máis destacados se converte nun dos lugares máis concorridos da comarca, as zonas nas que os usuarios e visitantes deste areal poidan estacionar os seus vehículos non poden ser utilizadas; xa que se atopan totalmente cubertas de herba”.

 

“Isto é un claro exemplo da falta de xestión de Fernando Suárez” en relación “ao mantemento de espazos públicos nas zonas de maior afluencia turística do noso concellos cando estamos en plena temporada alta”, consideran dende o Partido Popular.

 

Así mesmo, lamentan os populares “a desidia de Suárez Barcia” polo acondicionamento destas zonas; xa que “pese a levar varios anos á fronte do Concello, cada vez parece retrasar máis as súas xestións impedindo, polo tanto, a correcta posta en marcha dos servizos nos areais ao comezo da temporada”.