Partido Popular de Lugo

O PP pide a Méndez que esté á altura do novo parking da estación que conseguiu o goberno do PP e mellore o tráfico e a imaxe do barrio

O Partido Popular aplaude a apertura da nova zona de aparcamiento público que se vén de inaugurar na estación de tren de Lugo e reclama á alcaldesa “que esté á altura deste proxecto que herdou froito dunha xestión do goberno do PP, e que poña en valor esta obra”.  

Esta dotación, na que se investiron 105.000 € e que presentou Ramón Carballo nun dos seus últimos actos como subdelegado do goberno, permitiu crear nesta zona unha bolsa de aparcamento de 250 prazas. 

Ao fío da apertura desta nova dotación os populares piden á socialista “que se aplique” e que tome exemplo a celeridade coa que se xestou este proxecto, contrapoñendo a “lentitude coa que o Concello de Lugo tramita calquera asunto que cae nas súas mans e que, nestes últimos días, se viu reflictida no futuro do Centro Integral de Saúde da Residencia que leva un ano e dous meses agardando que a alcaldesa asine o convenio de colaboración”. 

O Partido Popular lembra que solicitou en reiteradas ocasións que se fixese “un plan integral para mellorar o barrio da estación”. “Estamos falando dunha das principais entradas de Lugo e que, na actualidade, se atopa moi deteriorada”, aclarando que “moitas das cuestións pendentes dependen máis da vontade política que de grandes investimentos”. 

Os populares insisten en que é preciso sinalizar de forma axeitada o tráfico na rotonda de Conde Fontao, “na que o principal problema se deriva de que non está claro se alí existe unha glorieta ou non, o que afecta moi seriamente á circulación e ás prioridades”, conclúen.