Partido Popular de Lugo

Os afiliados da provincia elixiran 44 compromisarios para o XIX Congreso Extrordinario

20, xuño, 2018. Os afiliados da provincia elixirán 44 compromisarios para o XIX Congreso Extraordinario fixado para os días 20 e 21 de xullo, e do que sairá o novo presidente do Partido. Así o trasladou a presidenta dos populares, Elena Candia, durante a reunión da Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde na sede do PP lucense.

 

Deste xeito, os afiliados poderán inscribirse para participar na elección do novo líder do PP ata o 25 de xuño, ás 14:00 horas, e para participar como compromisario ata o 29 de xuño, tamén ata as 14:00 horas. En ambos os dous casos, os interesados deberán de cumplimentar a documentación enviada polo Partido aos militantes e ás agrupacións locais e remitila cuberta á sede do PP provincial.

 

Todas as asembleas celebraranse o 5 de xullo, dende as 9:30 horas ata as 20:30 horas. Haberá dúas urnas: unha para a elección de candidatos e outra para elixir os compromisarios que en España superan os 2.600.

 

A presidenta do Partido animou a participar a todos os asistentes neste proceso, “no que temos, sinalou, a oportunidade de elixir ao próximo dirixente do Partido e seguir traballando todos xuntos para continuar co legado que nos deixa o antecesor no cargo”. Trátase, indicou, “de elixir aquel candidato/a que devolva aos cidadáns a posiblidade de que o PP goberne este país despois das eleccións”. Para elo, sinalou, “é importante ver as propostas para logo decidir quen dirixirá o noso Partido”.

Un digno presidente da Xunta e do PPdeG”

Neste senso, Elena Candia valorou a decisión de Alberto Núñez Feijóo de non optar á presidencia no Partido, demostrando con elo “cualidades que o fan digno de ser un excelente presidente da Xunta e un excelente presidente do Partido en Galicia”.

 

“Non hai maior xesto dun presidente que ser coherente e manter a palabra dada e o compromiso con quenes o apoiaron para ser, como el ben dixo, algo en política. Demostrou que Galicia e os galegos estamos por riba de ambicións persoais e políticas e isto, cando menos, debemos de poñelo en valor e de agradecerlle a súa entrega e traballo”. A este respecto, destacou que “isto é o que diferencia a uns e a outros. Uns fixeron o posible por chegar á Moncloa aínda que fose pola porta de atrás e outros, sen embargo, son leais aos seus principios persoais e políticos”, sentenciou.

 

Reparto do 44 compromisarios

Os criterios de distribución dos compromisarios son os mesmos que os fixados nos anteriores congresos, de tal modo que haberá seis compromisarios mínimo por provincia e as illas, Ceuta e Melilla terán como mínimo tres. O resto de compromisarios distribúese outorgando un 75% segundo a afiliación e un 25% polos resultados electorais dos útimos comicios xerais.

 

Na provincia de Lugo, segundo a porcentaxe indicada, a distribución e reparto dos compromisarios na provincia é a seguinte: a Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Chantada, Folgoso do Courel, Foz, Friol, Paradela, Pastoriza, Quiroga, Ribadeo, O Saviñao, Vilalba, Viveiro e Xove correspóndelles 1 compromisario por cada un destes concellos; a Lugo 9; a Monforte de Lemos 2; e Sarria outros 2.

 

A maiores, no resto de municipios que non chegan ao límite fixado, o reparto é este: 3 pola comarca de A Mariña (Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Riotorto, Trabada, O Valadouro e O Vicedo); 3 pola de A Montaña (Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Baralla, Becerreá, As Nogais, Cervantes, e Pedrafita do Cebreiro); 1 pola de Chantada (Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Taboada e Portomarín); 2 pola de Lugo (Castroverde, O Corgo, Guntín, Meira, Outeiro de Rei, Pol e Rábade); 1 pola de Monforte (Pantón, Proba do Brollón, Ribas de Sil e Sober); 1 pola de Sarria (O Incio, Láncara, O Páramo, Samos e Triacastela); e 2 pola comarca de Terra Chá (Abadín, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras e Xermade). A maiores, a Novas Xeracións correspóndelle 1 compromisario.