Partido Popular de Lugo

O PP de O Incio e o Grupo Provincial solicitan conxuntamente que a Deputación proceda canto antes á contratación da rehabilitación da Casona, respectándose o convenio asinado en 2006

18, maio, 2018. O PP de O Incio e o Grupo Provincial do Partido Popular solicitarán conxuntamente nos respectivos Plenos que a Deputación de Lugo, a través de SUPLUSA, proceda á contratación do proxecto básico e de execución para a rehabilitación estrutural da Casona, de tal xeito que se o 250.000 euros dispoñibles na Sociedade Urbanística non fosen suficientes para rematar as obras, sexa o organismo provincial o que aporte a cantidade necesaria para a finalización das mesmas.

 

Así de desprende da moción dos populares, “pois estamos diante dunha demanda histórica que se remonta a hai polo menos 11 anos”. Concretamente, a entidade local e a provincial asinaran un convenio o 27 de novembro de 2006 cuxo obxecto era establecer as liñas de colaboración para o desenvolvemento do P1 do solo urbano de O Incio. A tal fin, tal como recolle a cláusula segunda do dito documento, a Sociedade Urbanística comprometíase á xestión completa do P1 ata a súa completa execución nos seguintes termos: a) redactar o proxecto de expropiación previsto no Plan Xeral de O Incio; b) como beneficiaria da expropiación, segundo se indica na cláusula cuarta, abonar o importe que resulte do precio certo da expropiación; c) redactar o proxecto de recuperación integral do P1; e d) executar as obras a través de empresario seleccionado mediante concurso público.

 

Os termos a) e b) do convenio foron executados no seu día. En data 2/4/2007 o Pleno do Concello de O Incio acordou a aprobación definitiva do expediente de expropiación forzosa e, o 30 de abril, dese mesmo ano asinaronse as actas previas de ocupación dos bens do P1. Sen embargo, o 13 de xullo de 2007 toma posesión como presidente da Deputación o socialista José Ramón Gómez Besteiro e, dende intre, paralizouse a execución do acordado, incumprindo “de forma flagrante” o compromiso. “Tal é así que, dende que o PSOE entrou no goberno da Deputación, todo canto se fixo foi ir consignando, ano tras ano, algunha cantidade no orzamento de SUPLUSA, que nunca chegou a executarse”, destacan.

 

O 20 de marzo de 2015 a alcaldesa do Incio, acompañada por Lara Mendez (daquela vicepresidenta da Deputación, hoxe Alcaldesa de Lugo) e Pilar García Porto (daquela Deputada Provincial, encargada da área de Economía), ofrecían unha rolda de prensa diante do inmoble, prometendo que as obras de rehabilitación comenzarían antes de que rematase o mes de marzo; traballos para os que a Deputación aportaría 250.000 euros.

 

Tampouco enviaron a documentación a Patrimonio

Poucos días despois, presentouse en O Incio unha cuadrilla de operarios cunha retroexcavadora, sen dispor de ningún tipo de autorización ou proxecto que avalase a súa actuación, derrubaron un dos alpendres ubicados a carón do inmoble principal. Como consecuencia desta actuación, en xuño de 2015, no Concello recibiuse un informe de Patrimonio que dice ao respecto: O alpendre, contrucción tradicional do entorno, ca singularidade de manter as columnas circulares en pizarra; é unha peza de salientable valor arquitectónico e etnográfico. Deberá enviarse proxecto de reconstrucción do alpendre tradicional.

 

Como era de esperar, e malia consignarse nos Orzamentos de SUPLUSA as seguintes cantidades: ano 2009 (562.000 euros); ano 2010 (562.000 euros); ano 2011 (562.000 euros); ano 2012 (50.000 euros); ano 2013 (50.000 euros); ano 2014 (50.000 euros); ano 2015 (150.000 euros); ano 2016 (150.000 euros); ano 2017 (82.582,54 euros); e ano 2018 (82.582,54 euros), tanto o Concello de O Incio como a Deputación, ambas administracións gobernadas polo PSOE, nada fixeron para enmendar o seu erro e, a día de hoxe, aínda non se mandou a documentación requerida por Patrimonio.

 

Un proposta que non lle serve ao PP

En datas recentes, concretamente o 17 do pasado mes de abril, no Consello de SUPLUSA celebrado en POL, tratouse a contratación da redacción do proxecto básico e de execución para a recuperación do conxunto urbano P1 do PXOM do Incio. A idea que se presentou foi derrubar as construcións existentes no P1, para con posterioridade levantar un edificio “réplica” da Casona existente e aproveitar para retranquealo da liña actual, cun límite de 250.000 euros, pero tendo en conta o abandono que dende o ano 2007 tanto a institución provincial, como o organismo dependente desta tiveron con respecto a este asunto, e analizado o compromiso adquirido no ano 2006 e agora que a solución proposta en SUPLUSA non é a que no seu día se comprometeu, tanto o Grupo Provincial como o local piden que se respecte o o convenio asinado e se proceda canto antes á contratación do seu proxecto.

 

“Son 11 anos que levan sin atender as súas responsabilidades. Son 11 anos os que a Deputación de Lugo e a Sociedade Urbanística Provincial están incumprindo reiteradamente o convenio asinado co Concello en novembro de 2006”, destacan. Precisamente, isto é o que provocou que o inmoble, situado no centro da Cruz do Incio, fronte á Casa Consistorial, presente un estado “vergoñento”. A situación de abandono é tal que a maleza existente no terreo contiguo á Casona é visible por riba das vaias de protección colocadas e invade a beirarrúa; de aí que os populares locais e provinciais acordasen someter conxuntamente este asunto ao debate plenario que en ambos os dous casos se celebra este mes.