Partido Popular de Lugo

Javier Santín afirma que “definitivamente o PSOE non se entera”, pois Medio Rural xa autorizou o pastoreo nas zonas queimadas

19, maio, 2018. “Definitivamente o PSOE non se entera”, así de contundente resposta o voceiro do PP en Cervantes, Javier Santín, ás manifestacións do PSOE, e nas que esixen á Xunta de Galicia que axilice os permisos do pastoreo nas zonas queimadas. E é que Medio Rural xa concedeu os primeiros 19 permisos, polo que se trata “dun tema que xa está resolto”, a pesares de ser unha prohibición que contempla a lei existente de incendios, e que fora impulsada polo bipartito cando tivo responsabilidades de goberno na administración autonómica.

 

Ante tal “metedura de pata”, Santínsubliña que, “unha vez máis, se demostra o pouco rigor co que actúan”. “O único que fixeron en todo este proceso foi sacar notas de prensa, no canto de arrimar o hombro para resolver o problema da maneira máis favorecedora”, afirma.

 

Deste xeito, e lamentado “a profunda desinformación do secretario de Medio Rural do PSdeG”, si que considera necesario poñer en valor a sensibilidade do Goberno galego respecto deste asunto, así como a súavontade colaborada con Cervantes. “Creo que se alguén estivo á altura de todo este proceso foi o Partido Popular que, dende o minuto 1, mantivo unha vontade colaboradora e cercana con Cervantes e o alcalde”, remarca.

 

E é que a Xunta de Galicia xaresolveu o convenio a través do cal lle concede a este municipio da Montaña unha segunda brigada contra incendios, co fin de dotalo de máis recursos ante posibles lumes e de garantir a seguridade dos veciños. A través desta iniciativa, o Executivo galego non só paga a brigada, senón que sufraga os custos derivados do desbroce das pistas e a motobomba municipal. Asimesmo, no marco do programa autonómico Aprol do Rural 2018, financiado ao 100% pola Xunta, a entidade local tamén poderá contratar dous operarios para labores de desbroce.

 

Irresponsabilidade dos socialistas”

O voceiro do PP recoñece que “esta irresponsabilidade dos socialistas” non lle sorprende, poisdácontinuidade a un proceder “que, dende logo, os veciños de Cervantes non entendemos”, e que se demostrou tamén na renuncia do alcalde á adquisición dun segundo tractor municipal que lle ofrecía ao Concello Medio Rural a custo practicamente cero, e que constituiría un elemento indispensable para o desbroce da maleza que poida orixinarse nas inmediciacións das casas ou das estradas.

 

Outro exemplo desta “irresponsabilidade” da que fala Santín é que o Concello publicou recentemente de xeito erróneo os bandos nos que se obrigaba aos cidadáns a ter limpas as parcelas. A comunicación distribuída elaborouse sen ter en conta a modificación da Lei 9/2017 de 26decembro de 2017 e que rexe finalmente estes traballos, o que obrigou ao alcalde a ter que rectificar.