Partido Popular de Lugo

NNXX da provincia sitúa “as fortalezas do Camiño como un activo importante na economía local e na promoción dun turismo humanizado”

TRIACASTELA, 3 de marzo de 2018.- Novas Xeracións da provincia sitúa “as fortalezas do Camiño como un activo clave na economía local e na promoción dun turismo humanizado”. Así constataron ao longo da xornada organizada este sábado en Triacastela, baixo o título: “O noso Camiño. Triacastela: presente, pasado e futuro”, e que contou cun foro no que participaron distintos hostaleiros da zona que deron a súa visión de como repercute para os seus negocios e a vida cotiá a afluencia de peregrinos que cada ano fan o Camiño Francés, no que se sitúa este municipio.

 

Os integrantes da agrupación, que dirixe Rosa Arza, acompañados da presidenta local, Sara Ruíz, a alcaldesa da localidade, Olga Iglesias, o secretario Xeral do PP ns provincia de Lugo, Carlos Armesto e o secretario xeral de NNXX Galicia, Iago Acuña, tamén percorreron, no marco do programa de actos da actividade, un treito desta ruta que, segundo datos facilitados polo departamento de Turismo da Xunta de Galicia, en 2017 foi o punto de comezo do Camiño de Santiago para máis de 2.800 peregrinos.

 

Camino (ano 2017)

Nº de Peregrinos

Camino Francés

180737 (60,04%)

Camino Portugués

59233 (19,68%)

Camino del Norte

17836 (5,92%)

Camino Primitivo

13685 (4,55%)

Camino Inglés

11321 (3,76%)

Via de la Plata

9138 (3,04%)

Camino Portugues de la costa

7329 (2,43%)

Muxia-Finisterre

665 (0,22%)

Camino de Invierno

555 (0,18%)

Otros caminos

537 (0,18%)

 

 

Asemade, neste arranque do ano 2018, este itinerario está a supor o 55,45% dos caminantes que se dirixen a Compostela.

 

A fortaleza do Camiño é a fortaleza que ten o PP en Triacastela”

O secretario Xeral, Carlos Armesto, felicitou á organización polo desenvolvemento da iniciativa, “pois é, sen lugar a dúbidas, un paso máis no obxectivo de fortalecernos como Partido e de que se nos escoite para que cada vez sexamos máis neste proxecto”, afirmou.

 

“Triacastela sempre ten a porta aberta para os peregrinos; sempre ten a porta aberta para os veciños e, dende que Olga é alcaldesa, tamén ten aberta sempre as portas do Concello. A fortaleza do Camiño representa tamén fortaleza que ten o Partido Popular neste municipio”, afirmou Armesto, ao tempo que animou á agrupación xuvenil “a seguir traballando para cada vez ser máis fortes”.

 

“Igual que a dureza do Camiño, vós tamén pasaredes momentos máis difíciles, pero o éxito está no traballo constante, na vontade e no compromiso cos veciños para mellorar a súa calidade de vida. E isto só pode ser dende os Gobernos do PP”, asegurou.

 

Termos turísticos xerais

En termos turísticos, Os Ancares–O Courel1, xeodestino no que se integra Triacastela, destacou en 2017 polo seu gran incremento da demanda turística hoteleira. En particular, sobe tanto a cifra de viaxeiros aloxados –un 44,8%- coma o volume de noites –un 42,8% neste caso-.

Especialmente intenso é o crecemento do turismo nacional. Segundo a mesma fonte, o número de noites incrementouse un 62% e o de viaxeiros un 77%. Sobe tamén o turismo internacional, o que máis peso ten neste xeodestino. Neste caso a cifra de viaxeiros tamén aumenta un 28% e a de noites un 29%.

Máis da metade das demanda hoteleira que recibe este xeodestino pertencen a este mercado internacional (o 53%), debido, en grande medida á forte influenza que ten o Camiño Francés. O incremento dos niveis de demanda permiten aos establecementos hoteleiros do xeodestino mellorar os niveis de ocupación. En concreto, sobe en case tres puntos porcentuais de media en 2017.

 

XEODESTINO

 

Ano 2017

VIAXEIROS

54.997

Var. 17/16

44,8%

PERNOITAS

63.402

Var. 17/16

42,8%

 

 

Oferta aloxativa

A oferta aloxativa deste municipio consta de 24 establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, REAT. Suman máis de 400 prazas.
 

DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS POR TIPOLOXÍA DE ALOXAMENTO. TRIACASTELA

Os establecementos de aloxamento regrados neste municipio distribúense en 10 albergues turísticos, 7 pensións, 5 establecementos de turismo rural e 2 vivendas de uso turístico.