Partido Popular de Lugo

“O alcalde debe presentar urxentemente un plan global de ordenación do tráfico”, asegura o Grupo Municipal Popular

BURELA, 2 de marzo de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés alerta sobre “as actuacións improvisadas do alcalde en xeral e, en particular, en materia de tráfico, que non axudan a concretar solucións razoables para a seguridade vial, aínda que, iso sí, serven para vender de cara á galería”.

 

Os populares fan referencia ao pintado da Avda. da Mariña e ás declaracións do alcalde sobre as zonas 30 que anunciou que se ían poñer en práctica. “Estamos asistindo a outra actuación por impulsos que non resolve gran cousa. O que ten que facer o alcalde, dunha vez por todas, é presentar á cidadanía un plan global de ordenación do tráfico, tal e como anunciou coincidindo coa posta en servizo do acceso ao porto, hai xa dous anos e medio”, subliñan.

 

Desde o Grupo municipal entenden que “nese plan de tráfico anunciado no seu día polo alcalde e reiterado en dúas ou tres ocasións por el mesmo, Llano debería contemplar non só as zonas 30, senón as medidas para o calmado do tráfico rodado, sinalización luminosa axeitada ou con leds nos pasos de peóns e novos semáforos a colocar”. Neste senso, consideran que o novo proxecto debería contemplar a ubicación do mercado con carácter definitivo –“o alcalde leva anunciando o cambio do mesmo e o se regulamento de hai máis de dous anos e nada leva feito”-, e mesmo as posibles peonalizacións de rúas das que tamén el ten advertido en varias ocasións.

 

Para os populares, “todo o que non se faga así, non axudará moita cousa a mellorar a seguridade vial”. A día de hoxe, dous de marzo de 2018, “nada se sabe nin do plan de tráfico, nin do cambio do mercado e o seu regulamento, e tampouco das posibles peonalizacións de rúas, clara mostra de que os socialistas levan case tres anos vagueando, polo que xa vai sendo hora de que se poñanh a traballar e cumpran co que anunciaron”, engaden.

 

Tráfico e aparcadoiros no Hospital

O PP reitera que a competencia do ordenamento do tráfico e aparcadoiros no ámbito do Hospital da Costa, que non está valado polo Sergas é de competencia municipal, polo que lle recomendan ao rexedor que cumpra a Lei, “polo ben de todos”, defenden.

 

“Non fai falla que haxa Policía Local alí de forma permanente, o que ten que facer o alcalde é cumprir coa súa obriga e ordenar este servizo, que pase de cando en vez pola zona, dado que el é o máximo responsable da mesma. Somos sabedores de que non está cumplindo co seu cometido con este asunto, así que alá el coa súa responsabilidade se pasa algo realmente grave”, apuntan.

 

Defibrilador para a zona deportiva da Marosa

Desde o Grupo municipal alertan tamén de que na zona deportiva de A Marosa non hai ningún desfibrilador; “o que nos parece preocupante, máxime cando o Concello conta agora con seis, logo de que a Xunta cedese un máis”.

 

“Coñecemos que hai un na praia de A Marosa, e non é lóxico que en pleno inverno se atope alí; o lóxico é que se pase para a zona deportiva. Sabemos que non está tan lonxe, pero canto máis preto estea, mellor”. Neste senso, os populares presentarán en breve un escrito no Concello manifestando esta solicitude.