Partido Popular de Lugo

O PP de Burela denuncia “a irresponsabilidade política” da concelleira e aspirante a liderar o PSOE provincial, Patricia Otero, ao facer coincidir un acto da súa campaña interna co Pleno do Concello

BURELA, 1 de decembro de 2017.- O PP de Burela denuncia “a irresponsabilidade política” da concelleira e aspirante a liderar o PSOE provincial, Patricia Otero, ao facer coincidir un acto da súa campaña interna co Pleno do Concello, provocando así a súa ausencia da sesión plenaria e, por tanto, o rexeitamento “por vontade propia” de dar conta e defender os asuntos incluídos na Orde do Día, correspondentes á súa concellería.

 

“Temos que dicir que non habería ningún problema en que se ausentase se fose por unha cuestión de urxencia, pero resulta que foi porque organizou un acto á mesma hora en Lugo. Parécenos, por tanto, unha absoluta falta de respecto aos membros da Corporación municipal e de todos os bureleses. O veciños, engaden, teñen que saber que a esta Sra. lle resbala o Concello e lle resbala as necesidades dos cidadáns”, insisten.

 

Para o Grupo Municipal do Partido Popular esta circunstancia amosa que Otero está a priorizar “as súas aspiracións persoais e políticas por riba da dos veciños de Burela”; cuestión “que aínda é máis grave se temos en conta que cobra 14.000 euros anuais, correspondentes á media dedicación da que dispón”.

 

“Nós non nos opoñemos a que faga a súa campaña interna, pero o que é totalmente censurable é que eluda desta forma tan evidente e, se se nos permite a expresión, sangrante, a súa responsabilidade como concelleira. E todo elo cando por riba percibe unha cantidade ao mes por facer este traballo”, afirman.

 

A este respecto, conclúen que, “con este orde de prioridades, á señora Patricia Otero quitóuselle a careta”. “Dende logo, Burela, o Concello e os bureleses para ela son como moitoo segundo prato”, subraian.