Partido Popular de Lugo

Daniel Vega lamenta que Darío Campos prefira ocultarse “na moqueta da Deputación” a explicar os Orzamentos no Parlamento de Galicia, “que é casa de todos os galegos”

LUGO, 2 de novembro de 2017.- O secretario de Organización e deputado autonómico, Daniel Vega, recoñece que “nin pode entender, nin pode comprender” como o presidente da Deputación non quere acudir ao Parlamento para explicar as principais liñas de actuación do Orzamento que o organismo provincial prevé destinar o vindeiro ano á provincia de Lugo.

 

O popular fai esta reflexión debido que as contas da institución luguesa tamén “se financian cos impostos de todos os veciños”; de aí que censure que Darío Campos queira “negarlle a realidade ao Parlamento, que é a casa de todos os galegos”. Neste senso, lamenta que o socialista “prefira ser un cargo socialista” a exercer a súa responsabilidade como máximo mandatario da Deputación, e cuxa obriga é, por tanto, dar conta da xestión dos fondos que inviste e prevé investir nos Concellos lucenses.

 

Por todo elo, e tendo en conta que, con este proceder “que dista moito da transparencia da que presume o Goberno provincial e co que só rende pleitesía a unha parte do Partido”, Daniel Vega pregúntase que pensa sobre isto o recente elixido secretario Xeral tanto da actuación deste presidente, como da súa homóloga en Pontevedra. “Este é o novo Partido Socialista?, que prefire ocultar os Presupostos e cociñalos cunha reducida parte dos militantes afacelos participativos a todos veciños?”, insiste o tamén secretario de Organización do PP.

 

E é que para o deputado popular, a decisión do dirixente provincial, “quen se oculta na moqueta da Deputación”, supón tamén desacreditar ao seu secretario Xeral. Deste xeito, precisa, “non comparecer no seo Cámara galega demostra que Darío Campos é un político pouco responsable”; motivo polo que Daniel Vega lle pide “que faga unha reflexión e, finalmente, acuda a dito órgano”, tal e como o fixo no pasado exercicio.