Partido Popular de Lugo

O PP de Alfoz denuncia o abandono no que o Concello mantén algunhas pistas da concentración parcelaria

ALFOZ, 7 de setembro de 2017.- O PP de Alfoz denuncia o abandono no que o Concello ten algunhas pistas e accesos da concentración parcelaria. Neste senso, lamentan “a deixadez de funcións” do rexedor respecto deste asunto, pois, “calquera veciño pode comprobar como, moitas veces, a auga transcorre por elas, dificultando así, aínda máis, o seu tránsito, ae s cunetas nalgúns casos etán obstruídas ao igual que a maioría das taxeas”.

Dado o notable deterioro que presentan, esixen ao Goberno local que “exerza as súas competencias” e inicie os trámites oportunos para proceder á reparación inmediata destas vías. “Pedímoslle ao alcalde e aos seus compañeiros que traballen, que se deixen de poñer detrás das pancartas e diante das cámaras, e que se dediquen ao que verdadeiramente se teñen que dedicar, que é cumprir coas súas funcións”, apuntan.

Actuación prioritaria e urxente”

O mantemento destes accesos é unha cuestión que, dende o grupo municipal, consideran “prioritaria e urxente”, pois son actuacións que, “ademais de custar moitos cartos, son necesarias para todos os veciños que viven do sector agrícola, gandeiro e incluso forestal”. E é que presentan grandes fochancas que dificultan o tránsito de vehículos e poñen en perigo a seguridade dos condutores. Asemade, precisan, o seu arranxo é importante porque o verán está a piques de rematar e, por tanto, coa chegada do mal tempo e as choivas que poidan producirse durante os vindeiros meses, provocarán que estas pistas sexan intransitables e a súa reparación cada vez máis custosa.