Partido Popular de Lugo

O PP de Burela afirma que “non vemos de que presume a concelleira de Economía, pois o plan de axuste xa estaba cumprido sen ela”

BURELA, 6 de setembro de 2017.- O PP de Burela recoñece que “non vemos de que presume a concelleira de Economía, pois o plan de axuste xa estaba cumprido sen ela”. Deste xeito, explican que, na liquidación do orzamento de 2014, xa se indicaba que o resultado presupostario era positivo en 498.000’00€ a 31 de decembro e se cumpría coa regra de gasto con respecto a 2012 e a 2013, ademais de referir tamén a cancelación do préstamo do plan de pago anticipado a proveedores, con un crédito suscrito cunha entidade bancaria, tal e como se acordar o Pleno celebrado o 27 de novembro de 2014.

 

Neste sensom, critican a actidude “triunfalista” da edil, xa que, nun caso, o crédito pola débeda do antiguo concello de Cervo só cumpre cos prazos establecidos e, no outro préstamo, aproveita o remanente de tesoureiría. Tamén o PP. no período 2011-2015. baixou a débeda en 1.700.000’00€, e amortizou dous créditos con outras tantas entidades financeiras.

Os populares aseguran que “a concelleira ou minte, ou non coñece a historia, ou as dúas cousas. Para comenzar, debe descoñecer que as facturas que o goberno municipal do bipartito deixou no caixón en xuño de 2011 ascendían a algo máis de 1.300.000’00€; debíanse oito meses de luz, outros tantos a Sogama, ou 225.000’00€ a Espina y Delfín en obras executadas e non pagadas, entre outras cousas. Todo iso debido a gastar o que non se debía por non haber nin partida presupostaria nin cartos para pagar; o que orixinou que houbese que recurrir ao plano de pago a proveedores”, explican.

Mentiras sobre a amortización de créditos

Asemade, indican que “tamén minte descaradamente dicindo que o PP non pagaba”. Neste senso, recoméndanlle “que mire os papeis e verá que no terceiro trimestre de 2014 o retraso no pago era de nove días, e que se cumpría coa Lei de Estabilidade Presupostaria”.

 

“E volve a mentir, destacan, cando di que se amortiza o crédito derivado da débeda do antiguo concello de Cervo: o que se fixo foi cumprir cos prazos establecidos nese crédito, como se veu facendo desde 1995. Esta señora desde logo non descubre a pólvora”, insisten.

Os edís do PP apuntan que “logo de abonar o que se puido, para cumprir coa lei e poder pagarlle aos subministradores houbo que acollerse a principios de 2012 ao préstamo do plan de pago anticipado a proveedores, cun total de 1.097.906’19€, a un interese fixado polo Estado do 5’57%, interese que logo se baixou a un 4’4%. Pero hai algo que semella esquecer a concelleira delegada, e é que o 27 de novembro de 2014 se adoptou o acordo de subscribir con determinada entidade financieira un crédito a un interese do 0’9% para o cancelar o préstamo de dito plan de pagamento, co que en teoría se daba por concluído o plan de axuste. Se a iso lle engadimos que o resultado presupostario, a 31 de decembro de 2014, foi positivo en 498.000’00€ e, tal e como dixemos, se cumpría coa regra de gasto con respecto a 2012 e 2013, estamos falando do remate do plan de axuste. E iso, sen a concelleira actual de Economía”, aclaran.

Mentiras sobre a amortización da débeda

Seguindo cos datos, os populares engaden que a concelleira tamén minte cando fala de amortización de débeda e de superávit. No que se refire á primeira, en xuño de 2011, co bipartito, esta ascendía a 3.019.000’00€, e o PP baixouna a 1.380.000’00€ en xuño de 2015; nos dous casos sen contar o préstamo sen intereses concedido pola Xunta para pechar o proceso de segregación. No que se refire ao remanente de tesourería, “dicirlle a esta señora” que, a 31 de decembro de 2014, co PP, este ascendía a 1.605.599’00€”.

 

Finalmente, desde o grupo municipal popular consideran que a edil “está copiando malas costumes, entre elas a de mentir, e debería mirar máis os papeles antes de falar. Ademais, é unha pena que non dedique o seu tempo a xestionar máis e millor nas súas áreas”, conclúen.