Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP non permitirá que se xogue coa Deputación en base aos intereses internos do PSOE

Lugo, 26 de xullo de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular non permitirá que se xogue coas institucións públicas en base a discrepancias e intereses internos. Así o aseguraron os populares no transcurso do Pleno da Deputación durante o debate da proposta de modificación do Orzamento da Deputación, vía suplemento de crédito, e que inclúe unha transferencia dun millón de euros para a construción por parte da Deputación de centros de maiores en Portomarín e Folgoso do Courel.

 

A voceira dos populares, Elena Candia, lembrou que existe dende o ano 2010 unha encomenda para a construción dos centros de maiores por parte da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa), que agora, segundo o Goberno socialista, se levará a cabo por parte da Deputación de Lugo.

 

“Estamos ante unha clara falta de coherencia e cando menos é sospeitoso que unha vez que o presidente da Deputación se vaia afastar da responsabilidade de xestión de Suplusa, pretendan agora que sexa a Deputación e non a Sociedade a que xestione a posta en marcha dos centros de maiores”, precisou Candia.

 

“Non imos permitir que se xogue coas administracións públicas e por respecto aos nosos maiores e aos traballadores, que pasaron un proceso de selección para traballar nas residencias, esiximos que se actúe con rigor e responsabilidade e que se deixen dun lado ás liortas internas”, matizaron. De non ser así, segundo precisaron os populares, “non descartamos todo tipo de iniciativas para que os centros de maiores sexan unha realidade e se deixe de xogar coas institucións”.

 

“Dános igual que que sexa a Deputación ou Suplusa quen constrúa as residencias, o que esiximos e que estean rematadas o antes posible e se cumpra así cun acordo plenario acadado por iniciativa do Grupo Popular en novembro do 2016”.

 

Ademais, o Grupo Popular acada en pleno maior información ante unha situación cunha clara falta de coherencia e consegue a confirmación do Goberno de que será Suplusa a encargada de xestionar as residencias unha vez construídas pola Deputación.

 

Apoio do Grupo Popular

Os populares votaron a favor da proposta de modificación de orzamento xa que entenden que “é necesario ser construtivos e buscar puntos de apoio, que permitan sacar adiante os proxectos que necesita a provincia. Esta foi a actitude que adoptamos ante a situación de atoparnos cun Goberno centrado nos seus problemas internos e que seguimos a manter”.

 

En concreto, Elena Candia esixiu de novo que as residencias sexan unha realidade o antes posible tal e como solicitaron dende o Grupo Popular en numerosas ocasións, acadando acordos plenarios que obriga ao Goberno a levalas acabo.

 

Ademais desta modificación para a posta en marcha das residencias en Folgoso do Courel e Portomarín; a proposta do Goberno tamén inclúe unha modificación de 500.000 euros para dar un servizo de custodia a animais abandonados tal e como solicitou o Grupo Popular en xullo de 2016.

 

Por último, a popular pediu ao Goberno que precisase o destino dos 2,7 millóns de euros dirixidos a cooperación cos Concello e asegurou que permanecerán vixiantes de que esta contía se utilice dun xeito equitativo xa que ata agora o proceder da Deputación guiábase por intereses políticos.

 

Por último, a popular pediulle ao Goberno provincial que precisase o destino dos 2,7 millóns de euros dirixidos a cooperación cos Concellos e asegurou que permanecerán vixiantes para que esta contía se utilice dun xeito equitativo, xa que ata agora o proceder da Deputación guiábase por intereses políticos e partidistas. Neste eido, Candia lembrou acordos aprobados polo órgano do Pleno á iniciativa do PP aos que lle teñen que dar cumprimento, como son a dotación de desfibriladores, a posta a disposición dos concellos de marquesiñas e mesmo crear unha liña de axudas para as escolas de música que prestan un servizo comarcal.