Partido Popular de Lugo

O PP de Lourenzá advirte que no vindeiro Pleno volverán a pedir que se cumpra os acordo adoptado por unanimidade, e que afecta á transferencia do Camiño de A á Deputación

LOURENZÁ, 11 de maio de 2017.- O grupo municipal do Partido Popular de Lourenzá anuncia que no vindeiro Pleno volverá a pedir que se cumpra o acordo adoptado por unanimidade e que afecta á transferencia do Camiño de A á Deputación de Lugo. Os populares fan esta advertencia logo de que o presidente do organismo provincial “visitase a o noso concello e non se pronunciase ao respecto deste asunto, que xa conta co visto e prace de todos os grupos políticos de Lourenzá dende hai anos”.

 

Concretamente, precisan os populares, en 2013, a Corporación local aprobou por unanimidade esta actuación, pero tanto a alcaldesa, como os novos dirixentes da Deputación “semella que seguen facendo oídos xordos, saltándose así o acordo do Pleno que, lembramos, é órgano soberano”. Diante esta situación, o Partido Popular atribúe esta desvinculación “a unha falla de sensibilidade” por parte de ambas as dúas administracións; de aí que lamenten que “o Goberno local non teña altura de miras e sexa capaz de trasladarlle ao organismo provincial o que consideran unha necesidade de primeira orde”.

 

E é que en agosto de 2013, é dicir, hai xa catro anos, os grupos municipais –PP, BNG e PSOE- presentaran unha moción conxunta neste senso. “Esta foi unha decisión xusta e consensuada”, pois a Xunta de Goberno local, celebrada en marzo de 2005, adoptara o acordo de transferir á institución luguesa a titularidade desta vía que vai dende a zona de concentración parcelaria de Lourenzá Sur e polígonos 4 e 9, ata o lugar de Lanzós e parroquia de San Xurxo. Son 2, 8 quilómetros, que permiten enlazar esta estrada (CP 2801) coa estrada autonómica LU 222, que vai dende Paraxes a Lourenzá.

 

Este acordo, que conta o visto e prace de toda a Corporación, motivábase no feito de que, dada a idoneidade do seu trazado, a vía se converteu nunha prolongación da estrada provincial antes mencionada, e conta cunha gran afluencia de tráfico; cuestión que provocan que o Concello se vexa imposibilitado para proceder ao seu mantemento, por mor do elevado custo que supón.

Débedas pendentes”

Con todo recoñecen alegrarse de que se fagan obras, “pero tamén é de xustiza reclamar que se cumpran as débedas pendentes”. Por este motivo, consideran “unha mágoa” que o presidente provincial non supervisase outras vías de comunicación no municipio, “que presentan un estado deplorable, e que precisan dunha actuación urxente”. É o caso das estradas provinciais que comunican Santo Tomé con Santa María A Maior e San Xurxo con Arroxo.