Partido Popular de Lugo

O PP reafirma en Navia de Suarna o seu compromiso e esforzo para que nos municipios rurais existan os mesmos recursos sociais que nas cidades

NAVIA DE SUARNA, 25 de marzo de 2017.-  O Partido Popular de Lugo organizou este sábado en Navia de Suarna un Foro Social no que reafirmaron o seu compromiso coa ampliación e mellora dos servizos de benestar no rural galego e no lucense, en particular. Así o manifestaron a presidenta provincial do PP, Elena Candia e Jose Manuel Balseiro, neste encontro, no que, ademais, se comprometeron a seguir traballando con especial intensidade nesta lexislatura para que o conxunto dos galegos, con independencia de onde vivan, dispoñan das mesmas oportunidades e servizos.

 

“Unha das nosas principais medidas destes anos, e tamén nesta nova lexislatura, apuntou Balseiro, esta dirixida ás familias do rural, para que dispoñan das mesmas oportunidades, e para facer deste espazo un lugar atractivo na idea de vivir e formar unha familia”. E é que o reto demográfico é un gran desafío para as persoas que viven no rural, un entorno especialmente avellentado.

 

A este respecto, a dirixente do Partido na provincia destacou os pasos dados polo Grupo que lidera na Deputación para que este organismo avance na apertura das residencias da terceira idade, pero que, a día de hoxe, está paralizadas “por culpa de que o presidente segue sen facer os deberes”.

 

“Agardamos que, finalmente, o Sr. Campos exerza dunha vez por todas a súa competencia e inscriba a Sociedade Urbanística Provincial no REUPSS e desbloque así o procedemento que impide a súa apertura. De non facelo, estaría castigando claramente aos veciños desta provincia e aos traballadores que xa foron seleccionados e seguen á espera dunha solución ao respecto”, sinalou.

 

Reforzo das prestacións de benestar

Precisamente, conscientes disto, o PP impulsa distintas medidas dirixidas a mellorar a atención ás persoas maiores pero tamén a proporcionar novos servizos de conciliación e atención á primera infancia que permitan que a xente non marche ou aposte polo rural.

 

No primeiro dos ámbitos, dende Goberno galego vén de reforzar o servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia incrementando en preto do 17% as horas de prestación que financia aos concellos da provincia de Lugo. Para este obxecto destinan anualmente máis de 14, millóns de euros que están a dar os seus froitos. No ano 2016 chegouse aos 48.531 dependentes atendidos, cando en 2009 eran 14.000. Asimesmo, incrementáronse as prazas públicas en residencias, centros de día e centros de día especializados, así como o número de persoas que reciben distintos servizos de teleasistencia e servizos de promoción.

 

Os populares adiantaron tamén que o Executivo de Feijóo estuda aprobar un Programa de apoio a persoas maiores que viven soas, especialmente no medio rural, para mellorar os seus hábitos alimentarios e fomentar a actividade física. Ademais, grazas ao Fogar dixital poderase mellorar a comunicación cos profesionais sanitarios dende o propio domicilio.

 

Por outra banda, os populares explicaron que dende o Goberno autonómico tamén se decidiu extender  o programa de casas niño, dirixidas a concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia. A día de hoxe a provincia de Lugo conta con sete instalación deste tipo –nos municipios de Begonte, Láncara, O Corgo, Portomarín, Xermade, Castroverde e As Nogais-; ás que se sumará unha máis que abrirá entre este mes e o seguinte en Folgoso do Courel. En total, a entrada en funcionamento destes recursos supón poñer a disposición dos pais e nais, de maneira gratuíta, 40 novas prazas para o coidado dos seus fillos e fillas, cinco por cada unha das casas niño.

 

Esta iniciativa forma parte do Programa de Apoio á natalidade (PAN Galicia) que a Xunta está a desenvolver dende finais de 2015 con accións complementarias como a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia e o Bono Coidado, a apertura de novas escolas infantís ou o incremento das prazas sostidas con fondos públicos.

 

Impostos cero para o rural

Xa fóra do ámbito social e pensando tamén no rural, o Executivo de Feijóo mantivo o programa de impostos cero para a adquisición de parcelas, e dende o 1 de xaneiro de 2017 os mozos, as familias numerosas e as persoas con discapacidade que adquiran unha vivenda habitual nun municipio de menos de 20.000 habitantes, xa non teñen que facer fronte a estas taxas. “O obxectivo é que as galegas e os galegos saiban que para vivir no rural terá cero presión por parte do seu goberno, e que para vivir do mesmo contarán co 100 % do noso compromiso”. Proba delo, asegurou Balseiro, foi a decisión do Consello da Xunta celebrado o pasado xoves de impulsar un plan polo que se destinarán 230 millóns ao rural galego para fixar poboación e poder crear 3000 novos empregos