Partido Popular de Lugo

O Grupo Municipal do PP da Pontenova lamenta o desinterese de Darío Campos coa construción e apertura dunha residencia na localidade

A Pontenova, 24 de marzo de 2017.- O Grupo Municipal do PP da Pontenova lamenta o desinterese que amosa o alcalde, o socialista Darío Campos, coa construción e apertura dunha residencia e centro de día de maiores na localidade, pese á demanda que existe e que obriga a moitos veciños e veciñas a acudir a outras localidade, como Taramundi.

 

Os populares mostran a súa sorpresa polas declaracións que o presidente da Deputación de Lugo está a verter estes días nos medios de comunicación pretendendo converterse no defensor deste tipo de centros cando “non moveu un só papel para que o municipio no que é alcalde conte con unha”.

 

O voceiro do PP na localidade, David Álvarez, considera unha tomadura de pelo que o rexedor inclúa esta medida como unha das propostas estrela dos seus programas electorais cando despois “nunca fai nada para que sexa unha realidade”.

 

Desde o PP aseguran que todos os veciños e veciñas da Pontenova están “absolutamente sorprendidos” de ver cómo fala das residencias doutros concellos da provincia cando o proxecto para a súa “nin está nin se lle espera”. “O único que temos aquí é un terro baleiro e cheo de silvas”, engaden.

 

“É incrible ver nos medios de comunicación cómo di que vai loitar polas residencias da provincia cando esquece ao seu Concello e as necesidades dos veciños e veciñas da Pontenova. Se quere ser crible e dar exemplo que empece por interesarse polo municipio no que é alcalde”, conclúe o voceiro.