Partido Popular de Lugo

Os populares denuncian deficiencias na limpeza e mantemento das rúas da Poboa de San Xiao, en concreto dos parques infantís e as zonas fluviais

Láncara, 19 de setembro de 2016.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Láncara pon de manifesto carencias en varios servizos municipais, polo que pide a intervención do Concello. Así, os populares de Láncara denuncian deficiencias na limpeza e mantemento das rúas da Poboa de San Xiao, en concreto dos parques infantís e as zonas fluviais.

 

"No hai un plan regulado de mantemento e limpeza de rúas e papeleiras. Non se fai un lavado dos contedores do lixo. Desde as festas patronais, que foron hai case un mes, hai papeleiras que non se volveron baleirar. O parque infantil segue estando sucio e mal coidado”, relata o voceiro do PP, Santiago Cubillas Álvarez.

“Isto no que se refire á Pobra de San Xiao, porque no que se refire á limpeza no caso das aldeas o abandono é total", engade.

 

Por outra parte, o portavoz dos populares denuncia que “a día de hoxe, case a metade das pistas do Concello seguen sen desbrozarse. Isto ocasiona molestias e perigosidade engadida, como no accidente ocorrido o pasado luns en Bande, nunha zona na que a visibilidade era case nula debido á maleza” .

 

"Se a maquinaria municipal está avariada, pódese alugar outra, como se fixo outros anos, ou ben subcontratar o servizo; pero as pistas deben estar desbrozadas", demandan.

 

Ademais, os populares piden que se repoñan as lámpadas fundidas das farolas nun prazo razoable. "A empresa encargada do mantemento do alumeado público comprometeuse a cambialas en 24 horas. Aínda que está contratado así nós non pedimos tanta celeridade, pero non é de recibo que se demore este servizo case un mes, como é o caso de farolas en Toirán, sen dar unha explicación aos veciños", apunta o voceiro.

 

"Está moi ben que o Alcalde organice festas da troita e cultive as relacións con Cuba, pero os veciños merecen unha mellor eficiencia dos servizos municipais polos que están pagando".