Partido Popular de Lugo

Balseiro di que a volta das “vellas glorias” augura o fracaso da xestora do PSOE lucense

Lugo, 15 de outubro de 2015.- O secretario xeral dos populares na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, asegurou esta mañá que a volta das “vellas glorias” augura o fracaso da nova xestora imposta desde Santiago para facerse cargo do PSOE lucense trala dimisión de González Santín, que se marcha “doído” con Besteiro.

O dirixente popular di que a proposta de Luis Ángel Lago Lage como novo responsable provincial socialista é un movemento “á desesperada” dun partido “desnortado” que recupera a quen xa foi secretario xeral durante unha etapa e demostrou “ser incapaz de ganar unha sola elección na provincia de Lugo”.

Balseiro asegura que a crise dos socialistas lucenses péchase en falso pois resulta evidente que o partido “está fracturado” da man de Besteiro, “dos seus seguidores e dos seus detractores, en permanente enfrontamento por facerse co poder”.

Desde o PP critican ao PSOE porque é incapaz de ofrecer a estabilidade que esta provincia necesita e porque a súa alternativa “non se centra en solucionar os problemas dos lucenses senón en repartirse despachos, cargos e coches oficiais”.

SEGUEN SEN EXPLICARSE ANTE OS LUCENSES

Balseiro empraza aos socialistas a deixar de centrarse nas súas feridas internas e a explicar dunha vez por todas aos lucenses os pactos escuros que hai tras a moción de censura que privou ao PP, como forza política máis votada, do Goberno provincial.

O secretario xeral dos populares lucenses lamenta o pouco respecto que os socialistas teñen a unha institución da importancia da Deputación de Lugo “que se atopa nunha situación de total parálise, como consecuencia non so da crise interna do PSOE lucense, senón dos vetos e contravetos do BNG cuxos responsables lucenses aínda non explicaron se falicitarán e compartirán goberno con tres imputados pola Xustiza.