Partido Popular de Lugo

Candia contrasta a axilidade coa que se conformou o anterior Goberno popular coas dificultades que ten hoxe o bipartito

Lugo, 19 de outubro de 2015.- A voceira do Grupo Provincial Popular, Elena Candia, puxo de relevo esta mañá a diferenza existente entre a áxil conformación do anterior Goberno popular coas dificultades que está atopando o novo bipartito

“Eu tomei posesión como presidenta da Deputación de Lugo un xoves e tres días despois, o sábado, xa coñecíamos o novo Goberno, o reparto de competencias e tarefas entre os deputados e estábamos traballando con axilidade desbloqueando asuntos. O bipartito vai a cumprir dúas semanas desde que tivo lugar a moción de censura e a designación do novo presidente, Dario Campos, e aínda non coñecemos o goberno”

Elena Candia lembra que tampouco se constituíu a nova Xunta de Goberno, nin se aclarou, por parte do BNG se cumprirán o seu código ético, tal e como reclamaba o seu voceiro nacional, vetando a presenza de imputados no Goberno, “que parece ser un dos obstáculos principais”

SITUACIÓN DE PARÁLISE

Os populares lamentan a situación de “parálise total” que afecta a Deputación, motivada polas liortas internas das que a diario son protagonistas socialistas e nacionalistas na provincia de Lugo, e vaticinan “un futuro de moita inestabilidade” para un pacto bipartito que nada máis comezar asiste aos seus primeiros enfrontamentos.

“Os lucenses toman boa nota. Saben a axilidade coa que traballamos uns e a parálise coa que actúan outros. Evidénciase con rotundidade que a PSOE e BNG o que  menos lles importa e o bo funcionamento da Deputación de Lugo”