Burela, a 7 de agosto de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) asegurou hoxe que “a brigada contraincendios ainda non comenzou a operar, cando o tiña que ter feito, como mui tarde, o pasado día 31 de xullo, en virtude do convenio asinado entre o concello e a Consellería de Medio Rural hai tres meses polo anterior goberno municipal”.
O PP indica que “esto confirma que o goberno municipal non é un goberno, é o exemplo vivo da descoordinación e da ausencia de traballo, e que o alcalde é incapaz de xestionar as cousas que realmente son importantes para a vida do concello. E a seguridade é unha delas”.
Os concelleiros populares manifestaron que “o convenio asigna unha brigada de seis persoas ó noso concello, e unha aportación da Xunta de ó redor de 32.000’00€. Igualmente, fixa de forma taxativa que a brigada contraincendios tén que comenzar a traballar entre o 1 de xullo e o 31 do mesmo mes”.
O GMP asegura que “o goberno socialista atopouse co convenio asinado, pero foi incapaz de facer as cousas en tempo e forma, xa que o proceso selectivo das seis persoas, tendo en conta que teñen que realizar probas físicas, recoñecementos médicos, etc., nunca superaría as tres semanas: o goberno local leva sete semanas, e xa están amosando incapacidade para que as cousas funcionen; e ademáis están poñendo en risco a seguridade dos veciños e das súas propiedades en caso de incendio”.
Asimismo, indicou que “nestes anos anteriores, os convenios asináronse mesmo máis tarde, pero en todo caso o proceso selectivo se facía de forma e maneira que a brigada estivese operativa a mediados de xullo, para comenzar limpando a maleza do Monte Castelo de cara á Romería”.
“Non podemos esquecer que a brigada contraincendios, ademáis de estar disposta a actuar en caso de incendio, tén unha función prioritaria, que é a prevención, para o que está previsto no convenio que tén que limpar alomenos cinco hectáreas de zona susceptible de incendio. A día de hoxe, moito me temo que o goberno local ainda non lles encargou a roupa axeitada”, indicou o GMP.
Ademáis, engadiu que “a posible resposta do alcalde ou do goberno municipal será unha mostra de cinismo e de mentira, xa que non asumirán ningunha responsabilidade no asunto e a culpa sempre será de outros. En todo caso, a Comisión de Seguemento do convenio vai ter mui difícil dixerir que a brigada contraincendios comence a traballar alomenos oito ou nove días máis tarde do que debía, xa que o goberno local está poñendo en situación de risco ó concello en caso de incendio, e restando medios para actuar en situacións de emerxencia”.
O GMP finalizou pedíndolle ó alcalde que “dé explicacións convincentes, e que non se escude en ningunha razón sinsentido, xa que él o único responsable desta irresponsabilidade e desta descoordinación”.