Partido Popular de Lugo

O PP de Mondoñedo aposta por potenciar os mercados locais

A candidata á alcaldía polo PP de Mondoñedo, Elena Candia, explicou hoxe que o seu partido apostará “fortemente” por potenciar os mercados locais.

En concreto, a popular matiza que o Concello debe ser un promotor activo dos seus mercados que xogan un papel fundamental na dinamización económica dun municipio.

Así, a alcaldable popular defende que estes mercados sexan, especialmente, un reflexo dos produtos que se cultivan na horta da zona.  Segundo engade Candia, esta iniciativa permitiría poñer en valor uns produtos de gran calidade para a comarca e buscar oportunidades tendo en conta os puntos fortes do municipio.

A maiores, a candidata polo Partido Popular tamén matiza que se ten especial interese no reforzo do mercado que se celebra semanalmente todos os xoves, e que é necesario potenciar e reactivar.

Por último, a popular tamén lamenta que desapareceran outros mercados que se celebraban na localidade e que supuxeron unha perdida para a zona, polo que, segundo engade, é necesario traballar para a súa recuperación.