Lugo 11 de maio de 2015.- A Mariña é unha das comarcas máis visitadas polo xefe dos populares galegos nesta campaña electoral.
A aposta de Alberto Núñez Feijoo pola zona norte da provincia é tal que o vindeiro venres, día 15 de maio, e sábado, día 16, volverá a visitar a zona para arroupar aos candidatos populares dos concellos de Foz, Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto.
Na vila focense, o presidente do PPdeG, dará un paseo xunto ao presidente provincial, José Manuel Barreiro, o secretario xeral, José Manuel Balseiro, o candidato á alcaldía, Javier Jorge Castiñeira e demáis integrantes da candidatura do PP de Foz. Tamén estarán presentes nese percorrido, varios representantes políticos da comarca.
Logo do paseo por Foz, o presidente do PPdeG e a dirección do PP lucense, trasladaranse ao Concello veciño de Ribadeo. Aquí Alberto Núñez Feijoo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e demáis representantes políticos arrouparán ao candidato popular, Jesús López Penabad, nun xantar-mitin que terá lugar no restaurante “El huerto”.
Con respecto á xornada do sábado, Alberto Núñez Feijoo participará nun mitin en Mondoñedo xunto co presidente provincial José Manuel Barreiro e a candidata popular, Elena Candia. Será ás 12:30 na Casa da xuventude. Ás 14:00 horas, presidente do PPdeG e dirección provincial lucense, acudirán a Riotorto para arroupar ao candidato, Clemente Iglesias, nun mitin que se celebrará no Centro sociocultural da vila.