A candidata á alcaldía polo Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, explicou hoxe que no programa co que se presenta aos comicios de maio “facemos unha aposta decidida polo impulso e a creación de emprego”.
Así, entre as iniciativas que propoñen os populares inclúese a creación dun viveiro de empresas que permita o apoio aos emprendedores.
Neste senso, Candia explica que se estudarán como posibles ubicacións, entre outras, espazos non utilizados da Casa da Cultura, planta de oficinas do Centro Comarcal…, o que implicaría tamén a posta en valor destes edificios.
A maiores, a candidata popular engade o compromiso dos populares de realizar os contactos oportunos e xestionar convenios cos propietarios de infraestruturas industriais da zona, para que se convertan tamén nunha oportunidade. “Comprometémonos a optimizar os bens locais, pero cunha prioridade ao emprego”.