Partido Popular de Lugo

PP de A Fonsagrada traballará arreo para gañar as eleccións e devolver ao municipio todo o perdido neste tempo de Goberno socialista

A Fonsagrada, 27 de abril de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, deu a coñecer de xeito oficial a lista coa que os populares fonsagradinos concorren ás eleccións municipais.

Barreiro animou á candidatura que encabeza Tobías Martínez a traballar para gañar a alcaldía e poñer fin ao actual goberno socialista, a quen definiu de máquina electoral posto que “solo traballa para fabricar votos, sen pensar no futuro do concello”.

O presidente provincial  ve na candidatura fonsagradina a persoas honestas, serias e moi cercanas. Manifestou que reúne todos os requisitos necesarios para ser o futuro goberno de A Fonsagrada, polo que os animou  a traballar duramente para conseguir a alcaldía e rematar con este desgoberno socialista.

Pola súa banda, o candidato popular manifestou que o seu reto é gañar a alcaldía para situar á Fonsagrada onde se merece.  Insistiu en que o seu equipo non escatimará o mínimo esforzo para gañar as eleccións e devolver ao municipio todo o perdido neste tempo.

Explicou Martínez que a candidatura, totalmente paritaria, presenta catro novas incorporacións, onde se atopan mestres, ATS, gandeiros e funcionarios.  “Traballaremos duramente para gañar e facer unha forma distinta de política”- manifestou o popular, quen achacou ao actual goberno “traballar unicamente para facer votos e ter aos amigos contentos”.

Manifestou que de ser alcalde elaborará un orzamento municipal con vistas ao futuro e impulsará un proxecto capaz de xerar maior ilusión entre os veciños, pois confía nunha Fonsagrada máis ambiciosa, no conxunto da comarca e da provincia e de maior sintonía cos Executivos Central e Autonómico.

CANDIDATURA PP A FONSAGRADA

1. Tobías Martínez Cotarelo2. Antonio Rodil Álvarez3. Adrián Bermúdez Díaz4. Ana María Peñamaría López5. María del Mar Fernández López6. Margarita Vázquez Vega7. Andrés Fernández Fernández8. Florentino López López9. Ana María Álvarez Gómez10. María Elsa Fernández Castrillón11. José Antonio Arias Fernández. Suplentes 1. Jorge López Morado