Lugo 10 de marzo de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular súmase a petición do grupo municipal no concello lucense e pide a medalla de ouro da provincia para D. Francisco Cacharro Pardo, logo do seu falecemento o pasado domingo.
A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia manifestou que o grupo provincial considera xusto que se recoñeza a traxectoria política de quen foi 24 anos presidente da Deputación lucense. “Merece ser recoñecido coa máxima distinción que poida outorgar o Organismo provincial”- sentenciou.
Neste senso, os populares, quenes solicitaron, hoxe, esta distinción, agardan que o Goberno provincial acepte esta petición, xa que estamos ante unha unha figura política que, con independencia das súas siglas, foi coñecida e recoñecida dentro e fóra da provincia de Lugo.