Mondoñedo, 04 de marzo de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo convoca para mañá, xoves cinco de marzo, unha reunión informativa sobre diferentes asuntos da localidade.
Os populares convidan a todos os veciños a participar neste encontro que se celebrará ás 20:30 horas, na cafetería Amencer (Avda. de Bos Aires).
O Partido Popular de Mondoñedo explica que no marco desta reunión se trasladará información sobre actuacións que se acometerán no municipio, así como doutros aspectos que afectan á localidade.
A maiores de ter un carácter informativo, a reunión tamén terá un efecto recíproco co obxecto de poder coñecer de primeira man as opinións e valoracións dos veciños ao respecto dos temas a tratar.
Polo tanto, os populares reiteran que a xuntanza está aberta a todos os veciños aos que agradecen de antemán a súa asistencia.