Santiago, 11 de febreiro de 2015.- Os deputados mariñáns do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra anuncian que o plan director para a ampliación do Hospital da Costa será presentado na primeira quincena do mes de marzo. Así llo confirmou a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, no transcurso dunha reunión que mantiveron con ocasión da celebración da Sesión plenaria do Parlamento de Galicia.
Os populares explican que a empresa redactora EACSN, SL (Estudos de Arquitectos e Consultores SN), ultima o proxecto técnico que programa as actuacións e inversións a acometer no mesmo e que, neste momento, estaría practicamente concluído, “polo que, anuncian será presentado en Burela ante os profesionais e os medios na data indicada”.
Lembran tamén que o Goberno galego investiu 112.530 euros para a redacción deste proxecto técnico que establecerá as condicións nas que se acometerá estes traballos de ampliación do Hospital da Costa. A esta cantidade hai que engadir o feito de que os orzamentos da Xunta para 2015 reservan unha partida concreta de un millón de euros para iniciar esta ano as obras de ampliación.
“Falar da ampliación do Hospital da Costa é, sen lugar a dúbidas, un dos proxectos máis ambiciosos, importantes e necesarios que a Xunta ten previsto acometer na Mariña lucense”-dixo Balseiro, quen sinalou tamén que, “non podemos senon que felicitarnos polos pasos que se están dando para que A Mariña dispoña dun hospital ampliado, e moderno, para mellorar a asistencia que se lle presta a todos os cidadáns e mellorar as condicións de traballo dos profesionais”
UN COMPROMISO DOS POPULARES DA MARIÑA
Os deputados populares sinalan tamén que coa presentación do Plan director verase reflectido o traballo desenvolvido polo Partido Popular da Mariña –“os únicos que creron neste proxecto”- impulsado desde todos os concellos da comarca, no Parlamento e ante a Xunta, todos os trámites necesarios “para que sexa unha realidade”.
O HOSPITAL QUE MERECE A COMARCA
“Vamos a facer un gran hospital como se merece a comarca da Mariña e os seus veciños. Fronte aos que aseguraron que o PP pecharía o hospital ou o convertería nun simple ambulatorio, os feitos están aí: estamos cumprindo”-insisten desde o PP.
Nesta mesma dirección sinalan que, a maiores de avanzar do proxecto de ampliación, a Xunta, desde que o Partido Popular ten responsabilidade de goberno, o Hospital da Costa sumou novos servizos (oncoloxía, hospitalización a domicilio, unidade fixa de exploración do cancro de mama e vías rápidas para a atención de determinadas patoloxías) e equipamentos (novos ecógrafos, segunda sala de endoscopias, retinografías, renovación das estacións de anestesia, e así un longo etcétera-