Partido Popular de Lugo

O PP de Mondoñedo urxe ao alcalde a instalación de marquesiñas en paradas escolares

Mondoñedo, 23 de xaneiro de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo presentará un rogo dirixido ao alcalde da localidade, Orlando González, no que urxe ao nacionalista que curse a solicitude de varios pais sobre a instalación de marquesiñas en paradas escolares.

A voceira do Partido Popular, Elena Candia, explica que ao PP cónstanlle reivindicacións trasladadas dende varias zonas das parroquias dos Remedios, de Santa María Maior e do Reguengo.

A voceira dos populares locais asegura que non se explica que dende o goberno do Concello fagan caso omiso ás peticións que trasladan os pais. “É bastante difícil de comprender a incapacidade dun goberno que non é quen de conseguir unha marquesiña”

Ao Partido Popular preocúpanlle os nenos que viven nas parroquias de Mondoñedo e que pola falta de implicación do equipo de goberno local vense obrigados a facerlle fronte as malas condicións meteorolóxicas sen contar con marquesiñas nas que resgardarse. 

A instalación de marquesiñas é unha demanda moi necesaria que se convertería, incluso, nunha forma de evitar a discriminación entre o rural e o centro. A maiores, de que estas marquesiñas tamén supoñen un servizo para o resto dos veciños, como son as persoas maiores.